NIGRÁN
'Terras do Miñor' ofrece un almorzo saudable aos participantes no programa de prevención do deterioro cognitivo
Un total de 25 maiores de Nigrán participan hoxe na comida de San Valentín que servirán para 75 comensais de toda a comarca.
![[Img #38837]](upload/img/periodico/img_38837.jpg)
O Obradoiro de Emprego Terras do Miñor VI, promovido pola Mancomunidade de Concellos do Val Miñor e subvencionado con Fondos Europeos e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, serviu onte un 'Almorzo Saudable' aos participantes no programa de prevención do deterioro cognitivo do Concello de Nigrán, formado por preto de medio cento de maiores que asisten aos cursos de 'estimulación da memoria' e 'expresión corporal e actividades socio-relacionais' no Centro da Terceira Idade de A Ramallosa.
Con estes almorzos elaborados e servidos polos 15 alumnos-traballadores do Obradoiro (sete de operacións básicas de cociña e oito de servizos de restaurante) preténdese colaborar na sensibilización da adquisición de hábitos máis saudables relacionados coa alimentación.
Hoxe servirán a súa xa tradicional comida de San Valentín a 75 maiores de toda a comarca, sendo 25 deles de Nigrán. Esta inicitiva ten como obxetivo principal que os asistentes desfruten dunha velada de convivencia compartindo esta data en armonía e compañía dalgúns veciños, ademáis, serve para que os alumnos-traballadores elaboren un xantar e un cóctel de benvida e poñan en práctica os coñecementos que estan adquirindo.
O Obradoiro, que comezou o día 29 de setembro, desenvólvese nas dependencias do CEE (Centro de Educación Especial) de Panxón e xa superou o ecuador do seu proxecto.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158