Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 17 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

A Gala do Deporte Tudense 2017 terá lugar o venres 23 de febreiro, no Teatro Municipal de Tui

Os Premios Deporte Tudense recoñecerán a deportistas, clubs e persoas do mundo do deporte tudense.

Os Premios Deporte Tudense 2017 entregaranse na  sexta Gala do Deporte Tudense, que se realizará o venres 23 de febreiro, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui.


Neste evento recoñecerase o traballo realizado polos distintos deportistas tudenses, nas distintas categorías establecidas polo xurado, deportista masculino e feminino, deportista masculino e feminino promesa, deportista masculino e feminino promesa veterano, club deportivo e club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial e entidade colaboradora co deporte.


Do mesmo xeito realizaranse distintos homenaxes a persoas e equipos que marcaron o antes e o despois na historia deportiva do noso concello, así como un recoñecemento aos deportistas tudenses que participaron nos campionatos do mundo e de Europa no ano 2017.


O xurado desta sexta edición está conformado por Rosendo Bugarín, médico e deportista tudense, Enrique Míguez, padeeiro e medallista olímpico, José Manuel Quintana, exdirectivo e exresponsable das escolas deportivas do Tyde F.C., Marisa Giraldez, deportista de varias modalidades deportivas e presidenta do Club Bádminton Tui, Beatriz González, profesora de educación física do CEIP Nº2 de Tui, ex-responsable das escolas deportivas do Club Balonmán Tui, e Andrés Urseira, concelleiro delegado de Deportes de Tui.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.