Jueves, 20 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 16 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Primeiro paso do plan integral "Mos Limpo"

O Concello aprobou en Xunta de Goberno o expediente de contratación do servizo de desbroce e limpeza de cunetas.

[Img #38944]

 

O Concello de Mos aprobou o martes en Xunta de Goberno Local o expediente de contratación do servizo de desbroce e limpeza de cunetas das vías municipais, que formará parte do plan integral Mos Limpo, tal e como informaron a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Medio Ambiente, Limpeza Viaria e Parques e Xardíns, Cándido Pérez.


Este plan integral botará a andar o vindeiro mes de abril e permanecerá a pleno rendemento ata outono, sobre o mes de outubro aproximadamente, para acadar o obxectivo de manter os lugares públicos en estado de máxima limpeza. Este cronograma de actuación ven marcado polas condicións climatolóxicas destes meses, que favorecen o maior crecemento da vexetación, así coma a celebración de máis actividades ao aire libre (festas, etc.) nas que se xeneran unha maior cantidade de residuos e desperdicios nos espazos públicos.


Para elo empréndese este plan de actuación a catro bandas, no que traballarán coordinadamente catro equipos: a brigada municipal de mantemento de parques e xardíns cun responsable á cabeza, o camión motobomba de propiedade municipal (co seu correspondente conductor) para realizar o apoio ás labores de rego e baldeos, a empresa adxudicataria do servizo de mantemento de parques e xardíns, fontes e lavadoiros e demais espazos verdes públicos e a empresa concesionaria do servizo de recollida de lixo e limpeza de viais urbanos.


As brigadas municipais faranse cargo tamén do mantemento de fontes e lavadoiros e da limpeza de determinados viais.


Neste plan de actuacións a catro bandas dividirase tamén o Concello en catro sectores ou zonas. Para cada unha das catro zonas o concelleiro delegado, Cándido Pérez, nomeará un responsable-coordinador que lle prestará ao edil apoio na coordinación dos traballos e dos operarios que os realizarán.


Este plan de coordinación dos devanditos catro equipos contará con dous reforzos ao longo do desenvolvemento do plan integral Mos Limpo. O primeiro dos reforzos chegará coa nova empresa adxudicataria do servizo de desbroce e limpeza de cunetas, cuxo expediente foi aprobado en Xunta de Goberno o pasado martes.


O segundo reforzo consistirá na contratación de novos operarios para as brigadas e que serían 5 (4 peóns e 1 xardiñeiro-conductor que comezarían a traballar en abril) solicitados con cargo ao Plan Concellos, na solicitude de contratación de 2 persoas preceptoras do RISGA (que comezarían a traballar en xullo) e na contratación de 4 peóns forestais solicitados a través programa APROL da Xunta (que comezarían a traballar no mes de xuño) como acción preventiva de lumes e para evitar queimas a raíz dos incendios do pasado outubro de 2017, e que se adicarán á limpeza de maleza en fincas e taludes.


Deste xeito, nun prazo de medio ano (de abril a outubro), o goberno local mosense pretende lograr un Mos Limpo con maiúsculas para uso e disfrute das persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.155

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.