NIGRÁN
África González, galardoada co Premio Muller Cientifica 2018 do IES Val Miñor
En decembro de 2015 a ONU proclamou o 11 de febreiro como o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia co obxectivo de rachar as barreiras que atopan as mulleres e as nenas no ámbito científico- tecnolóxico.
Con esta mesma idea de visibilizar o traballo científico das mulleres e de mostrar ás rapazas modelos nos que se poidan ver reflectidas nace o premio MULLER CIENTÍFICA do IES VAL MIÑOR.
Este premio enmárcase dentro dunha serie de actividades, obradoiros e charlas que o IES Val Miñor ten programado ao longo do curso en favor dunha educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos e para que o alumnado tome conciencia dos condicionantes sociais e culturais que poidan determinar a súa elección vocacional.
A científica galardoada este ano 2018 co premio MULLER CIENTÍFICA do IES Val Miñor é Dona África González Fernández. Actualmente é a presidenta da Sociedade Española de Inmunoloxía e catedrática da Universidade de Vigo, onde tamén dirixe o Centro de Investigación Biomédica. O seu traballo actual céntrase en desenvolver unha vacina para tuberculose, así como en Nanomedicina o estudo da toxicidade de nanomaterias. Ademais da súa carreira investigadora, África González destaca tamén na súa faceta emprendedora como cofundadora de Nanoimmunotech, unha compañía que actualmente desenvolve nanopartículas e produtos de diagnóstico para farmacéuticas e empresas biotecnolóxicas de 45 países. Recentemente, foi incluída entre as 12 finalistas dos premios europeos ás mulleres innovadoras que concede a Comisión Europea.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158