Viernes, 16 de Enero de 2026

Xornal21
Sábado, 17 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Tui recibiu un desfibrilador para a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil

O Concello de Tui, representado polo concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Castro, e por dous membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, recibiu esta semana un dos 157 desfibriladores entregados pola Xunta de   Galicia aos corpos de bombeiros comarcais, GES e Protección Civil, no marco da aposta continua do Goberno galego por reforzar a resposta. O acto tivo lugar na sede da Academia Galega de Seguridade Pública, coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña.


Cómpre lembrar que en Tui seis instalacións deportivas municipais contan cun desfibrilador son o pavillón novo, o centro de interfederado, o pavillón da Macoca, e os campos de fútbol de Cadelas, Ribadelouro e Álvarez Durán.


Este novo equipamento será empregado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, para que arestora se está levando a cabo unha campaña de captación de novos voluntarios. Os interesados teñen que cubrir o impreso de solicitude de inscrición na Agrupación e presentalo por rexistro de entrada na casa do concello xunto coa fotocopia do DNI, dos títulos ou cursos realizados, do permiso de conducir e dúas fotografías tamaño carné.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.