GALICIA
Feijóo pídelle ó goberno de Rajoy “rigor” para “non favorecer os malos administradores”
“O modelo autonómico español ten que basearse no rigor, na responsabilidade e na estabilidade”, di, incidindo en que as quitas non favorecen os administrados, senón os malos administradores
![[Img #38961]](upload/img/periodico/img_38961.jpg)
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avogou por un financiamento autonómico non distorsionado por quitas pouco xustificables que premien a mala administración dos recursos públicos. “O modelo autonómico español ten que basearse no rigor, na responsabilidade e na estabilidade”, dixo, incidindo en que as quitas non favorecen os administrados, senón os malos administradores.
Durante o acto de presentación do libro Comentarios y recuerdos: colaboraciones periodísticas en el Correo de D. Gerardo Fernández Albor, Feijóo aseverou que esta defensa que fai o Goberno galego responde dobremente ao interese galego e ao nacional, xa que Galicia “é portavoz de si mesma e tamén intérprete do interese nacional”.
“Un modelo do que é precursor don Xerardo”, lembrou, pioneiro en impulsar un galeguismo que ten como obxectivo que a Comunidade inflúa cada vez máis no cerne do Estado.
O presidente da Xunta fixo fincapé en que o homenaxeado desmente esa falsa disxuntiva entre practicar unha política de Estado e ser fiel a unha determinada comunidade.
Ao longo da súa intervención, Feijóo sostivo que esta Galicia do 2018 empezou a nacer coa presidencia de Albor. “Velaí a gran virtude do autor destes comentarios e recordos saber anticipar a Galicia do futuro“, dixo, lembrando que, a diferenza doutros líderes autonómicos do momento, Xerardo Fernández Albor non pretende acomodar o pobo a unha ideoloxía, senón que adapta a ideoloxía ao pobo.
O titular da Xunta concluíu subliñando que neses artigos que o presidente Albor empeza a publicar en abril do 2000 non hai grandilocuencia, nin tampouco se recrea en glorias pasadas, nin son páxinas escritas desde unha especie de olimpo. “Se as lese alguén que non soubese nada do seu autor, dificilmente imaxinaría que se trata de todo un ex-presidente ou dun home centenario. Son palabras frescas e inmediatas que buscan actualidade máis que posteridade”, aseverou.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149