Viernes, 21 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 20 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Mos acolle unha campaña de reciclaxe de aparellos eléctricos

Dende mañá e ata o 27 deste mes o Eroski de Sanguiñeda e o Centro Dotacional de Torroso serán esceario da iniciativa “O que se enchufa, recíclase”.

[Img #38968]

 

Os concelleiros mosenses de Medio Ambiente, Cándido Perez, e de Patrimonio e Servizos, Camilo Augusto, informaron  de que o Concello de Mos ven de adherirse á campaña da Xunta de Galicia, "O que se enchufa, recíclase", que contará cunha caseta informativa no municipio durante cinco días no presente mes de febreiro: desde o 21 ao 27.


Ademais de situar a caseta promocional, tamén se proxectará un vídeo explicativo. Os días 21, 22, 23, 24 e 27 de febreiro o stand informativo da campaña medioambiental “O que se enchufa, recíclase” estará instalado en horario de mañá no supermercado Eroski, na Avenida de Sanguiñeda, dende as 11.00 horas ata as 14.00 horas; e en horario de tarde no Centro Dotacional de Torroso, dende as 16.00 horas ata as 19.00 horas. O sábado día 24 o stand permanecerá aberto todo o día no Eroski de Sanguiñeda.


Os dous puntos informativos de “O que se enchufa, recíclase” en Mos estarán atendidos por dous asesores. Co fin de reclamar a atención dos consumidores a todos os que se acheguen a este posto se lles dará unha breve explicación sobre que son e onde se poden depositar os RAEE. Os cidadáns poderán participar nun sinxelo xogo de ruleta grazas ao cal marcharán cun agasallo para a casa.

 

Os edís Pérez e Augusto explicaron esta mañá que “O que se enchufa, recíclase” é unha campaña de información e sensibilización, da Consellería de Medio Ambiente en colaboración con Ofiraee, para a correcta xestión de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) a través dos puntos de venda destes aparellos en Galicia”.

 

Esta campaña enmárcase dentro do convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e os SCRAPS no que se establece o desenvolvemento de accións de información, divulgación e concienciacións para a adecuada xestións dos RAEE.

 

“O que se enchufa, recíclase” ten por obxectivo fomentar a xestión dos residuos de aparellos eléctricos ou electrónicos a través dos puntos de venda de electrodomésticos, así como formar e informar dos dereitos e obrigas que establece o RD 110/2015 tanto para consumidores como para distribuidores deste tipo de aparellos.

 

A campaña desenvólvese durante 9 meses en 138 concellos galegos de máis de 4.000 habitantes, entre os que se atopa o de Mos. Durante este tempo instalaranse máis de 1.000 contenedores en puntos de venda de electrodomésticos aos que os cidadáns poderán acudir para depositar os RAEE.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.