Lunes, 12 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 19 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG apoiará uns orzamentos que “permiten crear emprego”

Dende a fronte nacionalista aseguran lograr que "o goberno aceptase once das dezaseis emendas presentadas aos presupostos municipais".

O BNG amósase" parcialmente satisfeito" co acordo acadado co goberno local para que O Porriño teña por fin uns novos orzamentos. “Gustaríanos que se incorporaran as 16 emendas presentadas, pero cremos que as once admitidas contribúen a mellorar significativamente o benestar e os servizos que presta o concello ás veciñas e aos veciños do noso municipio”, valoran desde a fronte nacionalista. En opinión do portavoz municipal, Pedro Pereira “sen as achegas que realiza o Bloque Nacionalista Galego en materias como o emprego público, a asistencia social, a defensa do carácter público dos servizos ou os investimentos en abastecemento de auga e rede de saneamento nas parroquias, estes orzamentos quedarían coxos e non satisfarían as necesidades dos porriñeses”.

 

No entanto, desde o BNG lamentan que o goberno presidido por Eva García de la Torre, após tres anos de mandato, non fora quen de elaborar uns orzamentos ata agora, a pouco máis dun ano para as novas eleccións. “O acordo acadado demostra que o BNG sempre estivo disposto a dialogar se se lle presentara unha proposta. Pero non foi así. O acaecido estes días deixa en evidencia a falla de proxecto político e a incapacidade xestora deste goberno”, critican. Malia recoñecer —desde a experiencia de ter sido forza de goberno— as dificultades de gobernar sen unha maioría estábel e o atranco que supón a ausencia dunha intervención estábel, coidan que esas circunstancias non xustifican o “desleixo do actual goberno municipal”. “Se un goberno socialista se serviu duns orzamentos do PP durante todos estes anos, foi pola única e exclusiva responsabilidade da Eva García e seus socios de coalición. Co BNG pódese dialogar e chegar a acordos, velaí está a proba”, acrecentan.

 

Importantes melloras

 

A fronte nacionalista amósase certa de que de contar a alcaldesa coas propostas do BNG a situación do Pporriño sería “bastante mellor”. Así o visa, na súa opinión, a substancial mellora que sufriron os orzamentos e que permiten unhas “mellores perspectivas de futuro para O Porriño”. Entre os logros políticos atinxidos a través da negociación orzamentaria desde o Bloque salientan que o mantemento e ampliación do cadro de persoal; que se dote ao concello dunha Empresa Pública de Servizos que fará moito máis eficiente a prestación dos servizos de limpeza viaria, recollida do lixo e xestión da piscina municipal; que se renove o abastecemento de auga ás vivendas dos barrios de Contrasto e Pereira, afectados polo lindano; que se executen novos treitos na rede de saneamento en Atios, Mosende, Chenlo, Budiño e Pontellas; que se lle dea pulo ao proxecto de soterramento da liña de Alta Tensión en Torneiros; que se amplíen as axudas de emerxencia social para o aluguer de vivenda, o pago da luz, a adquisición de alimentos ou a compra de libros; que se amplíe a humanización do barrio de San Bieito; que se reforme e amplíe o recinto de xogos da Guía, en Atios. Así como outras melloras en materia de obras e servizos. 

 

“O BNG traballa para o benestar das porriñesas e dos porriñeses, de quen aquí vive e traballa e tamén de que nos visita, e tamén en favor do desenvolvemento comercial e industrial” defende Pereira, quen advirte que “ninguén pode culpar ao BNG das carencias e eivas deste goberno. O BNG sempre estivo aí para mellorar a vida das veciñas e vecinos do noso pobo. Houbo quen preferiu outros apoios, e O Porriño padeceu as consecuencias. Pero esa decisión non é responsabilidade do BNG”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.140

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.