Sábado, 17 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 20 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Hoxe inaugúrase en Tui a exposición Sorrisos Transformadores

Coincidindo coa inauguración a presidenta de Arela, Cristina Palacios, ofrecerá unha charla

Hoxe, ás 11h terá lugar a inauguración da exposición “Sorrisos Transformadores” da Deputación de Pontevedra e de Arelas, Asociación de Familias de Menores Trans. A inauguración correrá a cargo do alcalde, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Servizos Sociais, Estrella Carmen Muradás, e a deputada de Servizos Sociais, Digna Rivas.

 

[Img #38994]O acto comezará ás 11h cunha conferencia a cargo de Cristina Palacios, presidenta da asociación Arelas, na Sala Félix Rodríguez. A charla está dirixida a  poboación en xeral,  pero especialmente aos alumnos e alumnas de terceiro e cuarto da ESO, e primeiro e segundo de Bacharelato. A continuación farase a visita á exposición que se poderá visitar en Tui até o 2 de marzo.

 

"Sorrisos transformadores", que chega a Tui en colaboración co Concello de Tui a través das concellerías de Educación e Servizos Sociais, é unha exposición fotográfica composta por 10 imaxes. Esta campaña de visibilización positiva inclúe as imaxes de persoas alegres, orgullosas, que amosan unha parcela da súa vida que lles gusta, e irán acompañadas, cada unha, dun texto que reflicte unha frase ou unha idea sobre cada unha desas persoas e da súa contorna. Entre as persoas retratadas inclúense persoas de referencia social, sexan ou non transexuais, pero si relacionadas coa realidade destas persoas pola súa profesión e que axudan á hora de transmitir a súa mensaxe: educadores e educadoras, xuristas, políticos e políticas, psicólogos e psicólogas… A exposición ten un carácter itinerante e de permanencia no tempo para prolongar a reflexión por parte da cidadanía."Sorrisos transformadores" nace co obxectivo de darlles visibilización, sensibilización e naturalización ao colectivo trans e as súas familias, co fin de promover a igualdade de oportunidades e o respecto á diversidade.

 

As súa finalidade é a de, por unha banda, prever actitudes e comportamentos discriminatorios por orientación sexual ou identidade de xénero e, pola outra, combater o acoso escolar por estes dous motivos, favorecendo a visibilidade do alumnado LGTBI e a plena normalidade das orientacións sexuais e identidades de xénero. A este respecto, a campaña compleméntase cunha oferta de charlas informativas destinadas á comunidade escolar.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.