Vigo
O goberno de Vigo contrata por 1,9 millóns a limpeza das instalacións deportivas municipais
Abel Caballero informou da aprobación dos pregos e licitación deste servizo por 1.890.000 euros. O Concello contrata así por catro anos a limpeza de case unha veintena de espazos deportivos municipais, a razón de preto de 20.000 horas ao ano.
O alcalde informou a semana pasada da contratación do servizo de limpeza das áreas deportivas municipais, un servizo que o Concello licita por catro anos -máis dúas prórrogas dun ano cada unha- cun importe total de 1.890.000 euros.
Segundo detallou Caballero, o goberno de Vigo contrata preto de 20.000 horas de limpeza anuais en case que unha veintena de espazos deportivos municipais: os complexos deportivos de Travesas, Balaídos, Navia, Samil, Berbés e da ETEA, os pavillóns de Coia, Bouzas, Teis, Candeán, Carballal, Lavadores, Bembrive, Castrelos, Coruxo e Sárdoma, e o estadio de atletismo.
Zondal
O rexedor tamén deu conta da demanda de participación do Concello no Plan de Mellora de Camiños Municipais da Xunta de Galicia e da aprobación do proxecto de mellora da Estrada do Zondal, en Valladares. O goberno vigués valora a remodelación do vial en 155.000 euros, unha cantidade "moi menor" que se solicita no marco do nomeado plan autonómico.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21