O PORRIÑO
ialma, a voz do Miño en Recantos
iAlma, de 32 anos natural de Vigo pero afincada en Carracido – O Porriño é a Recanteira polo Miño nesta 8º edición do Concurso Recantos.
P: Como empezáches no mundo da música?
R: Comencei de ben nena. Meu pai era un enamorado da música e así crecimos nos. E como unha das miñas
irmás estudiaba xa piano foi ela quen me ensinou as primeiras cousas. As dúas comezamos estudando piano pero curiosamente as dúas acabamos cantando.
P: Cal é a túa experiencia musical?
R: Estudei no Conservatorio Reveriano Soutullo Piano e Violín ata 4º e 2º de grado profesional respectivamente. Pertencín a Orquesta Clásica “Divertimento” de Ponteareas. Ademáis aprendín guitarra e gaita na escola de música do Porriño. Alí foi onde empecei a cantar, na Coral Polifónica da misma escola, da man de Raquel Sestelo.
Formei parte de diferentes grupos de pop-rock como baixista, instrumento que comecei a tocar de forma autodidacta e logo da man de Carlos Segovia.
Foi xa con 18 anos que souben que o que máis me gustaba era cantar e empecei a formarme en canto moderno e logo en canto Clásico no Conservatorio Profesional de música de Vigo.
A miña experiencia profesional é sobretodo no mundo coral, onde xa levo 15 anos exercendo de directora de diferentes agrupacións corais. Unha actividade que compaxino a día de hoxe coa docencia na escola de canto EmocionArte.
P: Que te levou a presentarte a este Concurso?
R: A verdade que non o tiña en mente pero unha alumna insistiume moito en que fixera o casting. E, despois de negarme por varias veces e deixalo en mans do azar... Fun a última en facer a proba, sen esperar que me colleran falando sinceramente.
P: Que esperas do programa, cal é o teu obxetivo?
R: Despois de deixar de lado a parte de interprete pola docencia e de algunhas malas experiencias, voltar a cantar e seguir aprendendo. A aprendizaxe tanto a nivel artistico coma persoal é o que busco como participante de este programa
P: Como te sintes como representante de O Miño?
R: Moi afortunada e agradecida. Sen dúbida é un dos recantos máis fermosos que ademáis está moi ligado a miña vida musical. É un pracer e unha resposabilidade inmensa poder representar tantas persoas e unha terra cunha forte tradición musical.
![[Img #39020]](upload/img/periodico/img_39020.jpg)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217