SALCEDA DE CASELAS
O PSOE pide cláusulas de igualdade efectiva nas obras que contrate o Concello de Salceda
O grupo municipal socialista reclamará, a través dunha proposta no próximo pleno, que o Concello "inclúa a partir de agora nas condicións para contratar as súas obras e servizos unha cláusula que obrigue ós contratistas a cumprir coa normativa en materia de igualdade efectiva entre homes e mulleres".
"O concello de Salceda, como administración que contrata, deberá esixir ás entidades privadas que promovan de forma real a igualdade de xénero", este, explica a voceira socialista, “será o mellor xeito de contribuír a unha efectiva igualdade entre homes e mulleres, a través da consecución de obxectivos sociais na contratación pública”.
“Os concellos, tal como marca a lei, poden establecer condicións especiais de execución dos contratos que celebren, co fin de promover a igualdade de xénero no mercado de traballo”, explica Tourón, e engade que na actualidade no concello de Salceda non se inclúe esa esixencia en materia laboral e social.
As socialistas levan ademais outra moción co motivo do día 8 de marzo, “Día Internacional da Muller”.
O grupo municipal socialista levarán ó pleno do vindeiro venres 23 de febreiro, unha moción co motivo do día 8 de marzo “Día Internacional da Muller”
A voceira municipal, Verónica Tourón concreta que “por desgraza segue sendo necesaria este tipo de manifestacións, e non só o 8 de marzo, senón os 365 días do ano, porque as mulleres sufrimos esa discriminación todos os días: pola brecha salarial, o acoso sexual, a violencia de xénero que se exerce cara ás mulleres, etc. É necesario camiñar cara unha sociedade democraticamente máis xusta e equilibrada”
Gela Ledo, concelleira e secretaria de igualdade da agrupación local, incide en que “o PSOE xa apoiou publicamente a convocatoria dos sindicatos maioritarios (UXT e CCOO) dun paro laboral de dúas horas no día 8 de marzo, e dende Salceda, como non podía ser doutra maneira, e a través tamén desta moción, queremos animar a todos as traballadoras e traballadores a sumarse, como medida de concienciación e sensibilización sobre a situación de discriminación das mulleres no ámbito laboral e tamén a que se sumen o resto de grupos municipais”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180