Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 20 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

O deporte tomiñés continúa amosando o seu bo nivel

Fin de semana de vitorias en judo, atletismo e bádminton.

[Img #39027]

 

As e os deportistas tomiñeses seguen a demostrar o bo nivel co que comezaron esta tempada en distintas disciplinas tras unha fin de semana na que colleitaron numerosos éxitos tanto en judo como en atletismo e bádminton. O Concello de Tomiño está moi orgulloso do papel que están a desempeñar os deportistas da vila nas distintas categorías e quere felicitar a todos e todas polo gran esforzo feito e por todos os logros recollidos ata o de agora nas súas disciplinas.


Fin de semana de éxitos  
Gran papel desempeñado polos judokas tomiñeses esta fin de semana tanto a nivel galego como nacional. Así, na categoría junior, Brais Pereira converteuse en campión galego, acadou o terceiro posto no sector nacional e participará na Liga nacional, mentres que Elena Cañibano converteuse en subcampiona galega e obtivo a clasificación directa para o campionato de España ao quedar en segunda posición no ranking nacional. Pola súa banda, Adrián Romero, que acaba de subir a categoría junior, conseguiu un meritorio quinto posto no campionato galego e foi seleccionado para participar no sector nacional, onde quedou tamén en quinta posición, nesta ocasión por diante do campión e do subcampión galegos. Ademais, a judoka Yohanna da Cuña, aínda cadete, quedou subcampiona galega junior, quinta no sector nacional e viaxará a Fuengirola para participar na Copa de Europa Cadete.


En bádminton, o xogador tomiñés Hugo Domínguez desempeñou un gran papel no TTR Sub15 disputado este fin de semana en Oviedo, onde acadou un fantástico segundo posto. Tamén o seu irmán, David Domínguez, fixo un moi bo torneo na categoría Sub11, representando un meritorio papel na primeira fase.


Xa en atletismo, o Club Trega continúa colleitando éxitos. Aínda que nesta ocasión o equipo quedou coa mel nos labios tras rozar o podio no Campionato de Galicia Escolar de Campo a Través de Xogade, disputado na Pobra do Caramiñal, Álex Sierpe volve a casa con medalla. Ao corredor tomiñés escapóuselle o ouro no último momento na categoría de alevines e quedaba segundo clasificado, proclamándose subcampión galego nun disputadísimo sprint e perdendo o liderado xusto na liña de meta a centésimas do primeiro clasificado. O seu irmán, Christian Sierpes, acadou un quinto posto. Na categoría alevín o Club de Atletismo Trega completaba a súa participación con Óscar Eiras (45ª posición), Marco Martínez (47ª) e Sergio Morais (56ª), sumando 69 puntos e terminando a tan soamente dous puntos da prata e do bronce por equipos, nas que houbo empate técnico.


Ademais, quinto e sexto posto para Carmen Magallanes e Elisa Morgado na categoría alevín feminina e tamén quinto posto para Marcela Rodríguez en infantil feminino, co que o Trega remata practicamente a tempada invernal cun gran papel nas competicións de campo a través.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.