MOS
Participación Cidadá organiza dúas novas actividades
Atópanse abertos os prazos de inscrición en ambas iniciativas, un curso de novas tecnoloxías e unha viaxe ao Ézaro
![[Img #39033]](upload/img/periodico/img_39033.jpg)
A concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Julia Loureiro continúa coa programación lúdica e formativa dirixida aos maiores do Concello de Mos. Nesta ocasión organiza un curso de axilidade mental a través das novas tecnoloxías e unha excursión ao Ézaro.
Na viaxe á Fervenza do Ézaro inclúense visitas ás localidades de Noia, Ribeira e Rianxo. Realizarase o sábado 17 de marzo e os maiores de 65 anos e/ou pensionistas maiores de 55 interesados en participar xa poden inscribirse. O prazo de inscrición rematará o 6 de marzo e quen queira obter máis información sobre esta iniciativa pode dirixirse ás oficinas da OMIX no Multiusos das Pozas ou chamar ao teléfono 986 33 94 04. O prezo da actividade é de 25 euros por persoa participante.
Por outra banda o obradoiro de “Axilidade mental a través das Tic´s” está incluído dentro do programa de “Escola de avoas e avós” coa finalidade de mellorar as habilidades e capacidade cognitiva dos maiores. É por elo que as persoas participantes deberán asisitir có seu móbil ou tablet.
Este curso busca previr a dependencia e o deterioro cognitivo en persoas maiores. Os talleres de axilidade mental constan dun programa de actividades e exercicios mediante a práctica no manexo das tecnoloxías da información e a comunicación e así contribuír a garantir o benestar e a calidade de vida das persoas a medida que envellecen. Nesta iniciativa ensinaráselles aos maiores, entre moitas outras tarefas, a pedir unha cita médica por Internet, a forma de estar en contacto con outras persoas mediante redes sociais, etc. Propiciando que as persoas maiores se sintan membros activos da sociedade.
O interesados en realizar este curso deberán facer a súa solicitude no Rexistro Xeral do Concello. Os admitidos serano por rigorosa orde de inscrición. O prazo para inscribirse rematará o vindeiro 22 de febreiro e o obradoiro impartirase os días 26 febreiro, 5, 12, 19 e 26 de marzo en horario de 17.30 a 19.00 horas no Multiusos das Pozas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115