Lunes, 14 de Septiembre de 2026

Actualizada Lunes, 14 de Septiembre de 2026 a las 16:50:20 horas

Xornal21
Miércoles, 21 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOTOR

O Subaru Forester 2018: máis seguro que nunca

[Img #39073]

 

Desde o seu lanzamento hai xa 21 anos, o Forester é o modelo de máis éxito comercial de Subaru a nivel mundial e acumula en España máis de 9.000 unidades vendidas desde o seu lanzamento, sendo o segundo modelo máis vendido da marca en 2017 tras o Subaru XV.


En 2018, o SUV 4 WD mediano de Subaru benefíciase de importantes novidades centradas na prioridade principal da marca: ofrecer o maior nivel de seguridade dentro e fóra do asfalto como parte do equipamento de serie en todos os seus coches.


O Forester engade ao equipamento de serie da súa gama gasolina a terceira xeración do aclamado sistema de Seguridade preventiva de  Subaru. EyeSight emprega para o seu funcionamento dous cámaras estereoscópicas situadas aos lados do espello retrovisor interior, e inclúe 8 funcións de asistencia á condución: freada pre-colisión, asistencia á freada pre-colisión, control de cruceiro adaptativo, aviso de saída do carril, asistente para a permanencia no carril, control do acelerador, aviso de derrapado, e aviso de saída de coche dianteiro. As novas funcións manéxanse comodamente desde os mandos situados á dereita do volante multifunción que foron convenientemente redeseñados para ese efecto.


Ademas incorpora un novo sistema utiliza sensores de radar colocados na parte traseira do vehículo para que este avise da presenza de vehículos nos puntos cegos traseiros, en cambios de carril e ao manobrar marcha atrás a través dunha luz de aviso nos espellos retrovisores exteriores e cun indicador sonoro.


Tambien emprega unha cámara situada na parte inferior do espello retrovisor ao lado do acompañante para mostrar na pantalla central o ángulo morto lateral que o condutor non pode ver ao manobrar, coa finalidade de aumentar a visibilidade e seguridade nas manobras a baixa velocidade.


A gama 2018 que xa está dispoñible nos concesionarios, constará de 8 versións cuxos prezos oscilan entre os 29.300 e os 40.100 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.182

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.