NIGRÁN
Nigrán acolle unha obra de teatro científico para os máis pequenos
‘¡Qué trabajo tan curioso!’ ensina aos nenos e nenas hábitos de hixiene saudables e valores en igualdade de xénero.
“Hola! Me llamo Luisa y estoy aquí para hablaros de mi trabajo... Y claro! os estaréis preguntando en qué trabajo, verdad?”. Así comeza a obra de teatro ‘Que trabajo tan curioso!’, unha creación da Unidad de Cultura Científica do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) en Galicia para público infantil que chega a Nigrán da man do proxecto de divulgación científica Cidade Ciencia. A obra representouse onte no CEIP de Cruz, en Camos, e no Colexio Estudo, en Chandebrito, os dous centros que a solicitaron.
A protagonista, investigadora no escenario e divulgadora na vida real, convidou ao público a que adiviñasen cal é a súa profesión. Unha vez resolto o enigma, Luisa falou sobre investigadores que son como ela, e que traballan para entender o mundo no que vivimos e mellorar a vida das persoas. A continuación, a nosa intrépida científica descubriu, coa axuda da ciencia e de dous personaxes moi especiais, que hai nas mans e na boca dos asistentes, aínda que eles pensasen que estaban completamente limpas. “A nosa intención é que os nenos e nenas da localidade pasen un intre divertido á vez que aprenden hábitos de hixiene saudables e valores sobre a igualdade de xénero, xa que é importante que teñan claro que no ámbito científico hai mulleres e homes que fan un gran traballo como investigadores e investigadoras”, explica Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia.
A obra representouse esta mañá no CEIP da Cruz ( Camos) e no Colexio Estudo (Chandebrito), os dous centros que a solicitaron
Esta actividade forma parte da programación de Ciudad Ciencia, un proxecto de divulgación científica que o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e a Obra Social “a Caixa” puxeron en marcha xunto con máis de 40 municipios co fin de que os habitantes de localidades españolas coñezan de primeira man a actualidade científica e tecnolóxica.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158