PROVINCIA
O Campus de Ourense acolle ata o 12 de marzo a exposición “Sustentabilidade en feminino”
A exposición, promovida pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, poderá visitarse no Edificio de Ferro do Campus de Ourense.
![[Img #39138]](upload/img/periodico/img_39138.jpg)
A exposición “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar”, impulsada pola Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo, chega ao Campus de Ourense. Así, ata o vindeiro 12 de marzo, as persoas interesadas en coñecer a participación e o papel da muller no mundo do mar poderán visitar a mostra no Edificio de Ferro do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.
“Sustentabilidade en feminino” chega a Ourense tras o seu paso polo Campus de Vigo e o de Pontevedra. De feito, foi neste último Campus e da man da directora do proxecto, María Álvarez Lires, onde xurdiu a idea de impulsar unha exposición para visibilizar o papel da muller e a súa contribución na economía do mar, poñendo en valor o traballo que as mulleres desenvolveron ao longo dos séculos en relación co mundo marítimo.
A mostra, que foi inaugurada pola Deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, está composta por vídeos, fotografías de redeiras, de mariscadoras, de vendedoras de peixe, de mulleres salgando ou conservando, científicas como a oceanógrafa Ángeles Alvariño ou a que fora directora do Instituto Español de Oceanografía Aida Fernández. “Sustentabilidade en feminino: achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” recolle tamén imaxes, moitas delas inéditas, que serven para recuperar nas aulas o invisibilizado saber das mulleres do mar e promover a igualdade e a acción positiva entre os futuros profesionais e científicos.
Tras o seu paso polo Campus de Pontevedra, de Vigo e Ourense, a exposición chegará nos vindeiros meses á Casa das Campás de Pontevedra e ao Museo Massó, aínda que tamén está aberta a empresas, fundacións, asociacións e concellos que así o soliciten á Deputación de Pontevedra, co obxectivo de espallar o papel realizado polas mulleres en relación á economía e cultura marítima.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85