GALICIA
A Xunta aposta pola coeducación como ferramenta fundamental para promover a igualdade entre a mocidade
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron esta semana o CIFP Politécnico de Lugo, o primeiro centro educativo que implanta un Plan de Igualdade.
![[Img #39141]](upload/img/periodico/img_39141.jpg)
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou esta semana a importancia da coeducación como unha das ferramentas máis útiles para promover a igualdade entre a mocidade e prever situacións de discriminación ou de violencia de xénero. Así o destacou hoxe durante a súa visita ao CIFP Politécnico de Lugo, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
Este centro lucense é o primeiro de Galicia que implanta un Plan de Igualdade, cun abano de medidas entre as que se inclúe a actividade coeducativa cuxo resultado se presentou hoxe: “As mulleres e homes da túa familia profesional”.
A metodoloxía que se está implantando no CIFP Politécnico de Lugo está convertendo a este instituto no primeiro centro coeducativo da formación profesional de Galicia. A coeducación é un estilo educativo, que implica educar sen diferenciar as mensaxes en función do sexo e tendendo a unha igualdade efectiva de oportunidades entre homes e mulleres. Por iso, constitúe unha ferramenta fundamental para abordar a educación desde unha perspectiva integral e de xénero, que permita acabar coas desigualdades e previr todo tipo de situacións de discriminación ou violencia.
A Xunta ten en marcha desde 2016 o I Plan de actuacións para a igualdade nos centros educativos
Co fin de impulsar este tipo de metodoloxías en Galicia, a Xunta elaborou en 2016 o I Plan de actuacións para a Igualdade nos centros educativos de Galicia 2016-2020, unha folla de ruta que sirve de referente para abordar a coeducación e a prevención da violencia de xénero. Deste xeito, a Administración autonómica contribúe a construír un modelo formativo capaz de abranguer por igual o feminino e o masculino.
Nesta mesma liña de actuación, destaca tamén a posta en marcha no actual curso dun novo ciclo formativo de formación profesional sobre a Promoción da igualdade de xénero, que se está desenvolvendo no CIFP a Xunqueira (Pontevedra). Ademais, durante este curso tamén se volve ofrecer aos centros educativos a materia de libre configuración autonómica “Igualdade de xénero”, dirixida ao alumnado de 1º e 2º de ESO.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149