Sábado, 22 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 23 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Alumnado mosense fórmase a través do xogo na tenza responsable de mascotas

O Multiusos das Pozas acolleu onte unha actividade incluída na programación para os centros educativos dentro do horario escolar organizada pola concellería de Educación.

[Img #39174]

 

Os alumnos e alumnas de terceiro e cuarto cursos de Educación Primaria do municipio, participaron onte no Multiusos das Pozas nunha actividade sobre tenza responsable de mascotas. A iniciativa está incluída na programación para os centros educativos dentro do horario escolar organizada pola concellería de Educación.


O concelleiro de Educación, Camilo Augusto, explicou sobre esta actividade que “mediante a realización da mesma preténdese dende o Concello fomentar entre o alumnado a conciencia cidadá e desenvolver hábitos que favorezan unha actitude responsable cara o coidado de mascotas. Así coma que os cativos coñezan as responsabilidades que implica un animal e os seus coidados para unha tenencia responsable (identificación, esterilización, acudir regularmente ao veterinario…), que aprendan comportamentos cívicos (manter as rúas limpas…) e se conciencien da problemática do abandono e aprendan como recoñecer e actuar ante un caso de abandono e maltrato”. Tamén se lles espuxo aos rapaces e rapazas participantes a realidade das canceiras e dos animais que habitan nelas para conciencialos e promover a adopción de animais, así coma outros xeitos de axuda e colaboración como ser fogar de acollida, voluntariado, etc.


A iniciativa foi impartida por ‘A Casa Grande de Xanceda’, unha pequena granxa ecolóxica situada en Mesía, provincia de A Coruña, que conta con un programa chamado ‘Educando con Malibú’, unha cadeliña rescatada do abandono que agora se adica a educar aos rapaces e rapazas dos centros educativos de Galicia para que sexan responsables coas suas mascotas e a traballar o comportamento cívico e a problemática do abandono. Os nenos e nenas participantes recibirán o diploma de ‘experto/a en animais felices’ ó remate da actividade.


Alumnos e alumnas dos colexios mosenses Mestre Martínez Alonso (Castro-Mos), Mestre Valverde Maio (Sanguiñeda), Petelos e Pena de Francia aprenderon esta mañá todo o necesario sobre tenencia responsable de mascotas. Explicóuselles que decenas de animais no noso contorno, sofren o abandono por parte dos seus propietarios/as. Outros moitos conviven en fogares onde non se lles presta a adecuada atención.


Educar na tenza responsable de mascotas, previr o maltrato e o abandono animal e dar a coñecer a función social que desenvolven as mascotas na nosa sociedade, é o marco de actuación desta actividade de carácter lúdico e educativo.


O aspecto fundamental deste proxecto é concienciar co xogo, aos participantes, dos dereitos e deberes que temos os/as cidadáns, a través do coñecemento dunha realidade concreta como é a responsabilidade que implica ter unha mascota, prestando especial atención a situacións que derivan no abandono animal e ás súas consecuencias.


Ademais, esta iniciativa pretende ensinar dun xeito práctico e divertido, a importancia que teñen os animais nas actividades diarias da nosa sociedade e a especial achega á mellora da calidade de vida que ofrecen algúns deles como os cans terapeutas, os de asistencia, os de busca e rescate, etc.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.