Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Viernes, 23 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Veciñanza de Moreira e goberno percorrerán a PO-403 para detectar os puntos críticos

O goberno local convoca unha andaina coas directivas dos colectivos veciñais e veciñanza en xeral para analizar e inventariar as necesidades de mellora no tramo entre Moreira e Angoares.

O goberno de Ponteareas realizará unha andaina coas veciños e veciños de Moreira este sábado día 24 dende o cruce da fábrica ata a ponte do río Uma en Angoares ao longo da estrada PO-403 á que convida a asistir a todos e todas a interesadas e grupos da Corporación.


Acompañados das directivas de asociacións de Moreira, goberno e veciñanza analizarán os puntos críticos para a seguridade viaria nesta estrada e un inventario das necesidades de mellora neste tramo.


Ás 10:00 horas partirán xuntos sen interromper a circulación de vehículos, adoptando as medidas precisas para o bo desenvolvemento e establecendo persoal de control.


Aberto o prazo de alegacións ao proxecto de mellora da seguridade viaria proposto pola Xunta de Galicia, o goberno convida aos veciños e veciñas a trasladar todas as eivas e carencias do proxecto.


Para o goberno de Ponteareas o traballo en conxunto coa veciñanza é fundamental para que os proxectos de hoxe sexan de utilidade no futuro.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.