GALICIA
Feijóo anima aos concellos a colaborar en proxectos turísticos que impulsen o embelecemento de Galicia
Precisa que o 40% dos recursos que se destinarán ata 2020 ao turismo irán dirixidos ao noso patrimonio e á nosa paisaxe.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, animou esta semana aos concellos a colaborar en proxectos turísticos que impulsen o embelecemento de Galicia, da súa paisaxe e do seu patrimonio. “A protección e o embelecemento de Galicia é unha tarefa colectiva, que transcende a unha ou outra administración. Convoca a todos os representantes públicos e a todos os cidadáns”, aseverou, garantindo o compromiso da Xunta para acompañalos nese camiño.
Durante a entrega de galardóns da I edición dos Premios Galicia Parabéns, Feijóo precisou deste xeito que o 40% dos recursos que se destinarán ata 2020 ao turismo irán dirixidos ao noso patrimonio e á nosa paisaxe, un recurso turístico de primeira magnitude.
Nesta mesma liña, salientou que a Xunta fixo nos últimos anos un grande esforzo por dotar Galicia de instrumentos normativos que permitan un desenvolvemento sustentable e racional encamiñado a preservar a riqueza natural e paisaxística, como: o Plan do litoral, as Directrices de Ordenación do Territorio, a Lei do solo ou a Guía de cores.
Sobre os premiados, destaca o Concello de Boqueixón, polo seu esforzo na mellora do Pico Sacro; e o Concello de Portomarín, polo proxecto no Parque Agustín do Río
Cunha Galicia decidida a coidar a paisaxe e a protexer o seu patrimonio, resaltou que, con ese obxectivo, xurdiron os Premios Galicia Parabéns. Así, trasladou o recoñecemento aos galardoados: ao Concello de Boqueixón, polo seu esforzo na mellora do Pico Sacro, un fito clave no relato xacobeo, e o compromiso de levar a cabo novas actuacións como o reacondicionamento do centro de interpretación do Pico Sacro. E ao Concello de Portomarín, polo seu proxecto para reordenar o Parque Agustín do Río.
Consolidación do comportamento positivo do sector
O responsable do Executivo autonómico concluíu avaliando os últimos datos de afluencia turística, que confirman a consolidación do comportamento positivo. Non en van, despois dun 2017 histórico, no que se superaron os cinco millóns de visitantes por primeira vez, no 2018 segue nunha senda positiva: cunha suba do número de viaxeiros, un 1,4% respecto a xaneiro do pasado ano; cunha suba do volume de noites que se quedan na nosa terra, un 5,4% máis; e coa mellora da estadía medía, un 4%; e o crecemento do turismo internacional, un 9,3%.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149