Domingo, 21 de Diciembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 28 de Febrero de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O PP presenta unha batería de enmendas ós orzamentos do Goberno Municipal

As propostas dos populares conlevan "importantes melloras dirixidas a resolver as necesidades deste Concello e dos seus veciños. Unhas propostas factibles, xustas e perfectamente asumibles polo Concello que dende a formación adiantan son requisito indispensable para apoiar o documento".

O grupo municipal do Partido Popular do Porriño vén de presentar unha batería de enmendas dirixidas a suplir as carencias da proposta de Orzamentos presentada polo Goberno Municipal. Unhas propostas factibles, xustas e perfectamente asumibles polo Concello que dende a formación adiantan son requisito indispensable para apoiar o documento.

 

As propostas dos populares "conlevan importantes melloras dirixidas a resolver as necesidades deste Concello e dos seus veciños. E é que dende o PP do Porriño defenden que é preciso que a `folla de ruta ́ da xestión económica do municipio responda a realidade do mesmo e contribúa de maneira eficiente a mellorar o servizo prestado á cidadanía e con elo, a mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas" segundo explican.

 

Así, "ante un borrador que aposta claramente pola privatización da maior parte dos servizos-como así o demostran os máis de 500.000 euros que destina a limpeza viaria (no que xa se levan gastado máis de 3 millóns de euros nos últimos dous anos)-, que obvia as inversións reais e cuestións tan esenciais como o emprego para engrosar partidas como a de festexos, dende o PP do Porriño, propoñen modificacións responsables, xustas e realizables".

 

A primeira delas pasa pola modificación da base 18 do orzamento , solicitando a creación dun órgano xestor que supervise e xestione os recoñecementos extraxudiciais e que a competencia de aprobación dos mesmos recaiga sobre o pleno, ao considerar que aos expedientes de Recoñecemento extraxudicial debe recurrirse tan só en casos de necesidade, e non poden ser nunca unha práctica habitual como acontece con este Goberno Municipal.

 

Os populares propoñen a modificación das partidas de Servizos Informáticos (50.000 euros), Festa do Nadal (60.000 euros), Actividades Culturais e Educativas (55.000 euros), Persoal eventual e outro persoal (30.000 euros), Seguridade Social Eventual (9.500 euros) ou da partida destinada a festexos populares á que propoñen consignar 340.000 euros "fronte á excesiva proposta do Goberno Municipal que destina a tal fin 668.526, 7 euros".

 

As enmendas do PP eliminan tamén "a partida Retribucións Básicas para Promoción Cultural. A contratación de persoal autónomo de maneira continuada para realizar servizos no Concello do Porriño desenvocou en diferentes casos xudiciais e esta partida orzamentaria pode convertirse nun caso máis. Dende abril do ano 201 contratouse un autónomo que realiza os traballos para servizos do Centro Cultural, a través dun contrato menor por importe e 20.300 euros reparado por intervención, en xaneiro deste ano realizase un novo contrato por importe de 20.993 euros".

 

Con respecto aos Servizos de Limpeza Viaria os populares propoñen "modificar a partida e dotala con 70.000 euros. Os servizos de limpeza viaria víñanse realizando sempre por persoal de colaboración social contratado polo Concello a través das distintas subvencións da Xunta e Deputación. Neste momento o Concello do Porriño conta con 20 peóns de xardinería existindo a posibilidade de solicitar máis persoal a tal fin, na que se dispón de máis de 250.000€ a través do Plan Concelllos da Deputación para poder contratar persoal para estos servizos".

 

No tocante ao eido asociativo e deportivo, o PP respalda "a dotación das partidas destinadas aos clubes deportivos e asociacións veciñais do municipio e propón a maiores a creación de novas partidas destinadas a apoiar a labor das seguintes entidades: Rondalla de Atios (10.000 euros), Rondalla de Pontellas (10.000 euros), Osílice-Asociación (4.000 euros), AHOSPOR (4.000 euros), AFAGA (4.000 euros), Asociación Castelo de Cans (8.000 euros), COGAMI (2.000 euros), Proxecto Home (2.000 euros), Club Ximnasia Rítmica Porriño (6.000 euros), Club Ciclista SPOL (10.000 euros), Comunidade de Montes Budiño, convenio canteiras (130.000 euros) e Comunidade de Montes Atios, convenio canteiras (130.000 euros). Ademais, solicita que se aumente a axuda a ACEESCA- Xardinería a 20.000 euros, a da Asociación Amas de Casa Rosais a 4.000 euros, as do Club de Fútbol San Salvador de Budiño e AD Mosende a 6.000 euros".

 

Por ultimo no tocante aos servizos públicos e inversións propoñen "a creación dunha partida de mellora e ampliación de parques infantís dotada con 100.000 euros, que se destinen 370.000 euros do orzamento anual a mellora das estradas das parroquias , 50.000 á mellora dos vestiarios e servizos das pistas municipais de tenis , 50.000 a renovación da maquinaria do ximnasio municipal e unha partida de 250.000 euros para melloras nos centros culturais das parroquias" .

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.