Domingo, 23 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 01 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Reactívate abre o seu prazo de inscrición en actividades para o envellecemento activo

As e os interesados poderán inscribirse de xeito presencial en Servizos Sociais ou chamando ao 986 622 001.

Diminuír o risco de padecer enfermidades, manter un ton físico e cognitivo axeitado e participar de xeito activo na sociedade. Eses son algúns dos obxectivos do programa de maiores Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables posto en marcha pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Tomiño co obxectivo de promover as relacións sociais e a autonomía persoal entre os maiores de 65 anos.


[Img #39264]Trátase dun programa ideado para fomentar a vida activa entre as veciñas e veciños de maior idade da vila, ofrecendo “un completo plan de actividades que lles poidan resultar de interese á vez que útiles para a súa vida cotiá. O obxectivo destes obradoiros, cursos, saídas e actividades é axudarlles a seguir en activo, animalos a saír do seu fogar e a relacionarse con máis xente tanto da súa idade como máis nova”, explica a concelleira de Cultura e Servizos Sociais, Cristina Martínez. Dende o Concello animan a todas e todos os maiores do municipio a participar neste programa para conseguir un envellecemento activo e unha boa calidade de vida.


Esta nova edición do programa abrirá as súas portas este mes de marzo con máis dunha ducia de actividades impartidas por expertos coas que favorecer a estimulación cognitiva ou a mobilidade, pero tamén coas que achegar aos maiores de Tomiño a outro tipo de actividades menos habituais entre as persoas con máis de 65 anos.


Así, os interesados en participar neste programa poderán desfrutar de actividades como risoterapia, informática, ximnasia e pilates, accións para a promoción da saúde ou manualidades, ademais de actividades coa comunidade, un club de lectura, un cinefórum ou roteiros saudables. Xunto con estas nove actividades tamén están programados catro obradoiros de expresión corporal, memoria, escritura creativa e xogos da nosa vida.


As sesións desenvolveranse martes e venres en horario de mañá no Centro Vontade e terán un custe de 15 euros mensuais. Para recibir máis información ou realizar a solicitude de inscrición as e os interesados poden dirixirse a Servizos Sociais ou chamar ao teléfono 986 622 001 entre as 08.00 e as 15.00 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.