GALICIA
A Xunta e a Obra Social ‘La Caixa’ dinamizan a rede galega de centros sociocomunitarios con novas actividades e programas
O convenio permitirá o desenvolvemento dunha oferta máis ampla de obradoiros en 24 centros sociocomunitarios de titularidade autonómica.
![[Img #39290]](upload/img/periodico/img_39290.jpg)
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, salientou que “a promoción do benestar das persoas maiores, así como o impulso da súa participación e plena integración na sociedade” é unha dos eixes prioritarios das actuacións da Xunta. Así o indicou tras firmar coa Fundación La Caixa un novo convenio para o desenvolvemento de programas e actividades dirixidas ás persoas maiores que son usuarias de centros sociocomunitarios de titularidade autonómica.
As dependencias administrativas de San Caetano acolleron o acto da firma deste acordo de colaboración que contou coa participación, por parte da entidade financeira, do director territorial de CaixaBank en Galicia, Emilio Manuel Barreiro; e do subdirector xeral da Área Social da Fundación Bancaria ‘la Caixa’, Marc Simón. Así mesmo, en representación da Consellería, tamén estivo presente o responsable da dirección xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado.
Na súa intervención, o conselleiro puxo en valor a importancia deste convenio que “permite seguir dinamizando os centros sociocomunitarios como espazos para a integración e a socialización”, ao tempo que engadiu que estes recursos “son fundamentais para propiciar unha madurez activa, sa e participativa”. Nesta liña, referiuse a ampla oferta de actividades que se desenvolven nos mesmos relacionadas coa promoción da saúde, o desenvolvemento de capacidades persoais, a aprendizaxe de novas tecnoloxías ou o fomento da participación social e o voluntariado.
Coa firma deste convenio, a Xunta e a Obra Social “la Caixa” renovan o seu compromiso cos 24 centros sociocomunitarios incluídos no mesmo. Durante o pasado ano, estes centros acolleron en virtude deste convenio 646 actividades e obradoiros, que contaron con 22.847 participantes.
Entre as novidades deste ano está a incorporación ao programa do centro sociocomunitario de Vilargarcía e o desenvolvemento dos programas ‘En forma II’ e ‘Bo Trato’
As principais novidades deste ano son que se engade ao listaxe de centros beneficiarios o de Vilargarcía, ademais da incorporación ao programa de novas actividades. Destas novidades cómpre destacar, entre outras: un taller piloto denominado ‘En forma II’ orientado a mellorar a condición física mediante a realización de exercicios de ximnasia hipopresiva e de relaxación específicos para as persoas maiores; ou o programa ‘Bo Trato’, que dotará ás persoas maiores de ferramentas de empoderamento e para a construción de relacións sociais e familiares que sexan preventivas fronte a situacións de abuso e maltrato.
Un dos obxectivos da Consellería de Política Social pasa pola posta en valor e relanzamento dos centros sociocomunitarios, como espazos para a integración e socialización, así como para propiciar unha vida activa e participativa. Na actualidade a Xunta conta con 44 centros deste tipo dos que rexistran cada ano preto de 30.000 persoas usuarias. Destes centros, 16 se atopan situados na provincia de Pontevedra, 13 na Coruña, 11 en Ourense e 4 en Lugo.
Xornada de maiores
Por outra banda, o conselleiro José Manuel Rey Varela participou na clausura da xornada organizada pola Obra Social ‘La Caixa’ baixo o epígrafe ‘Primeiro as persoas: como nos gustaría ser coidados’ na Escola Galega de Administración Pública. Este encontro estivo dirixido a profesionais vinculados á atención ás persoas maiores, dos coidados e do apoio e acompañamento a coidadores e familiares.
Na súa intervención, Rey Varela destacou o notable crecemento do sistema autonómico de atención á dependencia que a 31 de xaneiro rexistra 55.593 persoas beneficiarias, o que supón unha cobertura do 83,5%. Ademais, fixo fincapé na importancia de aplicar as novas tecnoloxías ao coidado dos maiores, e nesta liña referiuse a aposta da Xunta por seguir avanzando no eido da teleasistencia e no denominado fogar dixital sociosanitario.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149