Miércoles, 14 de Enero de 2026

Xornal21
Jueves, 01 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O goberno leva a pleno a licitación do servizo de axuda no fogar

Ponteareas inviste máis de seiscentos mil euros ao ano en amáis de setenta usuarios usuarias.

O Concello de Ponteareas levará a pleno o servizo de axuda no fogar por catro anos no que o goberno actual invistirá 2.487.438,72€ ( 621.859,68€ ao ano).

 

O servizo de axuda no fogar do que se benefician máis de setenta usuarios e usuarias traballa co obxecto de prestar atencións ás persoas ou familiares no seu domicilio para facilitar o seu desenvolvemento persoal e a permanencia no seu contorno habitual especialmente naquelas situacións en que teñan limitada a súa autonomia ou outras situacións de risco social. 

 

O concelleiro de Servizos Sociais, Manolo Troncoso, adianta que nos últimos tres anos tense case duplicado a inversión neste servizo no que o ano pasado traballaban dezaseis profesionais de axuda domiciliaria pasando a ser na actualidade un equipo de 33 asistentes e unha coordinadora. No ano 2016 investíronse arredor de 376.000€ e no ano 2017 495.000€, cifras que proban o apoio e o compromiso deste goberno coas veciñas e veciños que máis o precisan e cos nosos maiores.

 

Neste novo contrato esixirase a dedicación exclusiva da asistenta social ao que se ten dereito por superar os setenta beneficiarios diarios aos que se lle dedica as 3.691 horas asignadas pola Xunta de Galicia; ademais das horas das seis traballadoras do concello contratadas a tempo completo que supoñen arredor de 1500 horas de dedicación de cada traballadora.

 

Entre os obxectivos do servizo de axuda no fogar está o de mellorar a calidade dos usuarios e usuarias, posibilitar a permanencia no seu entorno de convivencia habitual, favorecer e potenciar a autonomia persoal no propio domicilio e manter e mellorar as redes de relación familiar e social. 

 

Con este programa tamén se prevé situacións de exclusión social, se retarda ou evita a institucionalización e reforza a solidariedade e potenciar o voluntariado social. 

 

 

 

 

O concelleiro de Servizos Sociais adianta que nos últimos tres anos tense duplicado a inversión neste servizo

 

 

 

 

O persoal do servicio de axuda no fogar asiste aos usuarios/as para levantarse e deitarse, no coidado e hixiene persoal, no control da alimentación, supervisa a medicación ou con cambios posturais.

 

Ademais, tamén fan labouras de acompañamento para realización de trámites de carácter administrativo que se suman ás tarefas de limpeza, compra alimentos e coidados básicos da vivenda. 

 

No contrato de licitación coa empresa tamén se esixe un mínimo de camas articuladas, cadeiras de rodas, cadeiras de baño, grúas e andadores que será igual ao 2% dos usuarios. 

 

Outro dos requisitos recollidos no contrato son cinco horas ao mes de servizo de podoloxía e fisioterapia sempre e cando o usuario/a non poida desprazarse e dez horas de transporte adaptado sin cargo nin coste nin para o concello ni para os usuarios. 

 

As e os solicitantes deste servizo deberán ter recoñecida a situación de dependencia e contactar cos servizos sociais de Ponteareas ubicados no centro social da rúa Oriente. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.