Jueves, 09 de Octubre de 2025

Xornal21
Jueves, 01 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Os socialistas advirten ao alcalde que manterán a súa postura no pleno extraordinario

[Img #39329]

 

Tras a convocatoria, por parte do alcalde, dun novo pleno extraordinario para tratar o recoñecemento extraxudicial de crédito, os socialistas advirten que non van a cambiar de postura: “O alcalde leva o mesmo tema sen ningunha modificación e sen entregar os informes solicitados nin sentarse co noso grupo para establecer sendas de diálogo, co cal xa adiantamos que a nosa posición neste tema será a mesma”, afirma a voceira socialista Verónica Tourón.

 

Insisten ademais as concelleiras socialistas en que non van a tolerar de novo "a falta de respecto democrático que mostrou o alcalde no pleno do pasado venres, saltándose a advertencia da secretaria e non cumprindo o que lle marca a lei", facendo fincapé en que “unha vez máis quedou patente a incapacidade do Sr. Alcalde para dirixir un Pleno e defender as súas posicións sen saltarse a normativa plenaria, con unha actitude bochornosa cara a corporación e ó público asistente”.

 

Verónica Tourón explica que, “no pleno extraordinario do próximo venres vamos a cumprir coa nosa obriga, non se pode permitir que un goberno que está sen orzamentos goberne a base de Recoñecementos Extraxudiciais de Crédito, gastando por encima do que ten. Xa no 2016 aconteceu a mesma situación e os socialistas propuxemos medidas económicas para que isto non volvese acontecer e os provedores se lle pagase no tempo establecido pola lei que son 30 días, pero o alcalde fixo caso omiso e leva facturas para o seu pago con máis dun ano de retraso”


Dende o grupo municipal socialista insisten tamén en que “este goberno presume de transparencia pero nós solicitamos varios informes sobre o REC e non nos fixeron entrega de ningún, polo que para nós existen serias dúbidas de que as facturas de inversión que reflexa o REC puidesen ser aprobadas deste xeito”.

 

"Estamos unha vez máis nesta situación pola irresponsabilidade do alcalde, polo que volveremos a solicitar que se paguen as facturas inherentes a unha subvención da que remata o prazo de xustificación o 31 de marzo, e o resto, insistimos en que teñen que facer o seu traballo e presentar orzamentos, facer as contratacións cos provedores legalmente e en definitiva, deixar gastar o que non teñen, porque é unha total falta de irresponsabilidade, cun informe de intervención negativo e con reparo suspensivo" asegura.

 

Remata indicando que "todo isto ven dado pola mala xestión do alcalde, non presentado orzamentos  para dar cobertura a estas partidas, polo que insistimos unha vez máis de que non vamos a ser cómplices dunha irregular xestión do orzamento, que o goberno faga o seu traballo e deixe de botar encima do noso grupo a responsabilidade da súa mala xestión”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.