Sábado, 17 de Enero de 2026

Xornal21
Martes, 06 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

Tui solicita a Sanidade que revise as deficiencias no novo centro de saúde

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu un escrito á consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, no que solicita que adopte as medidas necesarias para solucionar as deficiencias que presenta o novo centro de saúde na rúa Casal Aboy.


O mandatario tudense expón que no novo ambulatorio existen certas deficiencias que están a padecer tantos os usuarios coma os traballadores do centro. Por este motivo demanda que se corrixan esas carencias para poder así ofrecer un mellor servizo.


O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, busca así ter coñecemento polo miúdo das actuacións que se están acometendo xa que segundo a resposta dada en sede parlamentaria, Sanidade está a solucionar as deficiencias detectadas no PAC de Tui, e o departamento autonómico amosou o seu dispor a “escoitar aos profesionais do centro de saúde  e a ter en conta as súas aportacións, e poñelas en práctica para mellorar a prestación do servizo sanitario”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.