MOS
Mos, Concello proactivo en materia de Igualdade
As medidas e políticas sociais municipais que se realizan neste ámbito multiplícanse ano a ano.
O Concello de Mos aprobou por unanimidade dos membros da Corporación Municipal na sesión plenaria ordinaria do mes de febreiro celebrada o pasado luns a creación da nova concellería de Igualdade que será dirixida pola edil Sara Cebreiro, quen tamén leva os departamentos de Política Social, Cultura, Turismo, Persoal e Réxime Interno.
Esta creación chega nun momento que non podía ser máis oportuno, ante a proximidade da celebración (a semana que ven) do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, declarou a este respecto que “este é un Concello con numerosas políticas e medidas en materia de igualdade, accións que se incrementan progresivamente facéndose oportuna e necesaria unha concellería específica, que ademais será unha concellería moi activa, posto que xa estaba dotada de numeroso contido (que se desenvolvía dende o departamento de Política Social) antes de ser creada e que continuará a xerar infinidade de accións máis tras a súa creación”.
Entre outras moitas, destacan no Concello de Mos as seguintes liñas de actuación en materia de igualdade: a posta en marcha do CIM (Centro de Información á Muller) o pasado verán, a constitución dunha Comisión Municipal de Igualdade, creada con motivo do pasado Día Internacional contra a Violencia de Xénero celebrado o 25 de novembro e integrada por representantes de todas as asociacións mosenses, a Mesa Local contra a Violencia de Xénero que se celebra cada seis meses no Concello de Mos, o Grupo Municipal de Teatro ‘Mulleres na Igualdade’ que actúa en localidades de toda a provincia, organización de actividades concienciadoras en materia de igualdade nos centros educativos dirixidas tanto ao alumnado de Educación Primaria como aos mozos e mozas do Instituto (ESO e Bacharelato), realización de programas de apoio á concienciación da vida familiar e laboral, inclusión na Rede de Entidades Locais en contra da Violencia de Xénero e formalización dun convenio coa Xunta de Galicia, asinado o ano pasado sobre prevención da violencia de xénero no ámbito laboral.
Os programas de apoio á concienciación da vida familiar e laboral inclúen, entre outros aspectos, as dúas Escolas Infantís existentes no municipio (Porteliña e Cototorrón) e a terceira que entrará en funcionamento para o vindeiro curso escolar 2018-2019 sita na Veigadaña, as dúas Ludotecas Municipais de San Rafael-Pereiras e Louredo, os campamentos infantís organizados en períodos vacacionais do curso escolar tales coma Nadal, Entroido, tempada estival…; etc.
O 23 de maio de 2017 o Concello de Mos adheriuse ao protocolo de detección e tratamento entre os/as traballadores/as municipais de situacións de violencia de xénero producidas dentro e fóra dos lugares de traballo; e o 15 de xuño tamén do ano pasado ao protocolo de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a FEGAMP para establecer unha Rede de Entidades Locais en contra da Violencia de Xénero. Este segundo protocolo establece as bases de coordinación dos recursos dirixidos a sensibilizar na loita e prevención da violencia de xénero tales coma información, formación, asistencia ás vítimas, intercambio de experiencias, manual de boas prácticas, etc.
O Concello de Mos foi pioneiro en accións encadradas no marco da Responsabilidade Social Corporativa en materia de violencia de xénero coa adhesión ao Protocolo para a Detección e Tratamento na Empresa de Situacións de Violencia de Xénero Producidas Dentro e Fóra dos Lugares de Traballo.
A Comisión Municipal de Igualdade ou Consello da Igualdade creouse o pasado 25 de novembro de 2017 e está formado por unha persoa representante de cada unha das seguintes entidades: Concello de Mos, Casa de Acollida de Vigo, CIM de Mos, grupos da Corporación Municipal mosense; e agrupacións do municipio tales coma CC San Martín de Tameiga, AVV Nosa Terra de Pereiras, AVV Celado, Asodifisi, Escravas da Virxe Dolorosa, AVV Dornelas, A Cividade de Louredo, Asociación Española contra o Cancro, AEMOS, Palilleir@s de Mos, Club de Natación Máster, Unión Deportiva Mos, ARC de Guizán e AVV San Mamede de Torroso.
Por outra banda o CIM de Mos comezou a prestar atención ao público o 1 de xuño do ano pasado e ata finais de 2017 atendeu a máis de 50 usuarios que recibiron atención psicolóxica e asesoramento xurídico. O rango de idade da maioría dos/as usuarios/as do CIM de Mos é de 25 a 54 anos.
O horario de atención psicolóxica no CIM de Mos é os luns e mércores, de 09.00 horas a 14.00 horas, e a atención xurídica os martes e venres de 09.00 horas a 14.00 horas e os xoves de 15.30 horas a 20.30 horas; de xeito que o centro está aberto tódolos días da semana de luns a venres.
O teléfono para pedir cita para o CIM é o mesmo que o do departamento municipal de Servizos Sociais, o 986337278. O Centro de Información á Muller de Mos conta con tres traballadoras: unha directora, que é a psicóloga municipal, unha psicóloga e unha abogada. As instalacións do CIM atópanse ubicadas nos baixos do edificio municipal que alberga as dependencias de Urbanismo e Servizos Sociais.
O edificio municipal no que se atopan os departamentos de Urbanismo e Servizos Sociais contaba con dúas estancias baleiras e dispoñibles para destinar a este novo centro, que ademais, atópase ubicado a poucos metros da Casa Consistorial.
É por todo elo que, con fin de ampliar os esforzos que dende o ámbito da administración municipal se poidan realizar para a consecución da igualdade efectiva entre homes e mulleres e co motivo da recente posta en funcionamento do Centro de Información a Muller do Concello de Mos, pretendeuse a posta en valor da área municipal adicada á Igualdade, e a coordinación coas demáis políticas sociais que xa se desenvolven no Concello.
“Perséguese polo tanto o obxectivo dunha maior prestación de servizos encamiñados a promover e executar acción para facer efectivo o dereito a igualdade de trato e de oportunidades entre homes e mulleres, así como mellorar os servizos de atención persoal e asesoramento ás mulleres que o necesiten e coordinar as actividades municipais coas distintas administracións públicas que ostentan competencias na materia” tal e como explicaba Arévalo, rexedora local mosense.
Deste xeito decidiuse unánimemente por parte de toda a Corporación ampliar o ámbito de actuación da concellería de Política Social, Cultura, Turismo, Persoal e Réxime interno, á área de Igualdade, quedando denominada dita Concellería como Concellería de Política Social, Igualdade, Cultura, Turismo, Persoal e Réxime Interno, da que ostenta a delgación Sara Cebreiro Alonso.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115