MOS
Arévalo pide a inmediata reanudación das obras da A-55
O Director Xeral de Estradas comprometeuse coa rexedora local a reanudar as obras da A-55 este mesmo mes.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, reuniuse esta semana en Madrid no Ministerio de Fomento co Director Xeral de Estradas de España, Jorge Urrecho Corrales, para tratar temas de máximo interese para Mos, encabezados pola reanudación das obras de mellora da seguridade viaria na autovía A-55, seguido pola pasarela peonil na estrada Nacional 550 ao seu paso polo barrio de Amieirolongo-Sanguiñeda e a glorieta tamén na N-550 para permitir xiros e cambios de sentido á altura da gasolinera de Os Valos, parroquia de Louredo.
A rexedora local mosense agradeceu a accesibilidade do Director Xeral de Estradas e destacou o seu trato, tendo en conta que o de Mos trátase dun Concello pequeno sin tanto peso como o que poden ter as grandes cidades galegas e españolas. Aínda que, a persar de ser un municipio de 15.000 habitantes, a localidade mosense trátase dun territorio atravesado por moitas infraestruturas competencia do Ministerio de Fomento.
Respecto das obras da A-55, Nidia Arévalo, solicitoulle a Urrecho a reanudación das mesmas e o compromiso de que dita reanudación se produza nunha data inmediata, xa que o de Mos trátase do Concello máis afectado por esta infraestrutura viaria, tanto polos sinistros entre vehículos que diariamente se producen na autovía e que son asistidos cando é necesario polo Servizo Municipal de Emerxencias e pola Policía Local, como polos accesos ao barrio de San Eleuterio en Tameiga, cuxa situación empeorou incluso respecto de antes do inicio da obra, véndose aínda máis deterioradas a iluminación e a sinalización horizontal (pintura) nesta zona. Cómpre lembrar que estas obras de mellora contemplan a acometida dun acceso directo dende a autovía a San Eleuterio.
Arévalo logrou o compromiso de Jorge Urrecho a este respecto de que este mesmo mes de marzo reanudaríanse os traballos na A-55 e aproveitou a reunión para lembrarlle a imperiosa necesidade de que unha vez por todas se contrate a obra para a construción da pasarela peonil en Amieirolongo, un proxecto que comezou a camiñar no ano 2014 e aínda non se viu materializado. Esta pasarela é de vital importancia, pois pola zona transitan a pé a diario numerosos viandantes, moitos deles veciños e veciñas, pero tamén numerosos peregrinos que realizan o Camiño de Santiago Portugués.
Por último a alcaldesa de Mos lembroulle a Urrecho o proxecto de glorietas na N-550 no tramo O Porriño-Redondela, facendo fincapé na que está previsto acometer no termo municipal mosense, concretamente na parroquia de Louredo á altura da gasolinesa de Os Valos. Trátase dunha obra crucial para falicitar os xiros e cambios de sentido de vehículos e optimizar a seguridade viaria nesta estrada nacional. Ademais Arévalo fixo referencia á xuntanza que mantivo este domingo pasado coa veciñanza de Louredo na que lles anunciaba o proxecto da Xunta de Galicia con orzamento superior aos 300.000 euros polo que se acometerá unha intersección na zona de O Tablado e que permitirá xiros nese punto en beneficio sobre todo dos veciños dos barrios de Pombal e Pantaño. Esta é unha solución a curto prazo e máis pequena que a alcaldesa buscou dada a necesidade, pero destacou a importancia capital dunha obra maior como é a da rotonda en Os Valos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.115