PROVINCIA
As mulleres do Goberno da Deputación de Pontevedra súmanse á folga do 8 M
O goberno de Carmela Silva promove unha concentración no Pazo Provincial ás 12.00 horas na que a presidenta fará lectura dun manifesto elaborado por ela mesma.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, xunto ás deputadas provinciais e mulleres do goberno da institución provincial súmanse á folga de mulleres convocada con motiva do Día Internacional da Muller. “Queremos que a sociedade sexa consciente de que se nós paramos, para o mundo, e que queremos construír unha sociedade mellor, máis xusta, onde todas e todos sexamos iguais”, asegurou a presidenta provincial.
A axenda da presidenta de mañá está totalmente valeira de compromisos oficiais, para que poida acudir aos actos e concentracións que terán lugar en Vigo e Pontevedra con motivo do Día Internacional da Muller. Por este motivo, Carmela Silva, ao igual que fixeron o resto das deputadas provinciais, solicitou xa que se lle desconte o salario corresponde á xornada e fixo un chamamento para que todas as traballadoras da institución provincial se sumen a este paro internacional de mulleres e “reclamemos todas xuntas que o mundo non funciona sen nós”.
Carmela Silva fai un chamamento para que todas as traballadoras da Deputación de Pontevedra participen no paro internacional de mulleres
Con motivo do Día Internacional da Muller, o goberno de Carmela Silva promove para mañá unha concentración diante do Pazo Provincial, ás 12.00 horas, na que a presidenta lerá un manifesto reivindicativo elaborado por ela mesma. A lectura do manifesto da presidenta pon o colofón final aos actos impulsados pola Deputación de Pontevedra con motivo do 8 de marzo que comezaron o pasado fin de semana, co “Encontro de mulleres columnistas: as mulleres que opinan son perigosas”, continuaron o luns coa entrega do Premio Otero Pedrayo a Margarita Ledo, a primeira muller en recibilo dende a súa posta en marcha; onte coa acción artística de “Mulleres en acción: Violencia Zero” en Ponteareas; e hoxe coa inauguración da exposición “Rompe. Xoga en Igualdade”, que se pode visitar no vestíbulo do Pazo Provincial ata o 8 de abril, e co percorrido guiado que terá lugar esta tarde ás 18.00 horas desde o Sexto Edificio do Museo para coñecer “A vangarda con nome de muller: Juana Francés, María Antonia Dans e María Victoria de la Fuente”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.106