Xornal21
Jueves, 08 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
NIGRÁN
Nigrán comparte "ao 100% os motivos da folga de mulleres"
Dende o Concello de Nigrán veñen de enviar un comunicado aos medios amosando a súa pòsición sobre a folfa de mulleres do 8M. que reporducimos a continuación:
"¿Qué sucedería se as mulleres non traballaran, non coidaran, non consumiran e non participaran?
Esta reflexión levou ao movemento feminista a promover unha convocatoria de folga internacional de mulleres. Organizacións de mais de 170 países de todo o mundo fixéronse eco de esta chamada. Todas as mulleres están interpeladas, as que teñen un emprego remunerado e as que traballan na súa casa, as que estudan, as que realizar tarefas de coidado, as de todos os oríxes e todas as identidades. A folga ten por obxecto visibilizar o impacto social do traballo das mulleres e esixir que sexa recoñecido.
Nas últimas décadas son moitos os avances en políticas de igualdade, pero tamén moitas as discriminacións que aínda persisten e lastran a participación social das mulleres en igualdade de condicións. Resulta imposible non compartir as reivindicacións de esta convocatoria.
As mulleres están discriminadas no ámbito laboral: os ingresos femininos se sitúan preto de 6 puntos con respecto aos masculinos, a tasa de actividade das mulleres é 10 puntos menor ca dos homes e a tasa de paro 4 puntos superior, o traballo a tempo parcial representa un 1/3 mais co dos homes, a fenda salarial se sitúa de media nun 23% en detrimento do salario das mulleres, a pensión media de xubilación é un 36% menor que a pensión media dos homes, as mulleres están infrarrepresentadas nos espazos de direción e poder. Non aceptamos estar sometidas a peores condicións laborais, nin cobrar menos que os homes polo mesmo traballo. Por iso, hoxe tamén facemos folga laboral.
Denunciamos que ser muller sexa a principal causa de pobreza e que se nos castigue pola nosa diversidade. A precariedade agrávase para moitas de nós por ter maior idade, ser migrada e estar racializadas, por ter diversidade funcional ou unha imaxe afastada da normatividad. Reivindicamos que a nosa situación laboral permítanos desenvolver un proxecto vital con dignidade e autonomía; e que o emprego se adapte ás necesidades da vida: o embarazo ou os coidados non poden ser obxecto de despedimento nin de marxinación laboral, nin deben menoscabar as nosas expectativas persoais nin profesionais.
As mulleres asumen maioritariamente as tarefas de coidado. O benestar da nosa sociedade non sería posible sen a realización de actividades imprescindibles para a sostibilidade da vida como as tarefas do fogar ou o coidado de persoas (crianzas, dependentes, e maiores). Gran parte de este traballo está invisibilizado e non se contabiliza, o que ten como consecuencia a devaluación da contribución económica que supón. Ademais, o tempo adicado a estas tarefas merma as posibilidades das mulleres para desenvolver dunha carreira profesional ou laboral ou de calquera actividad social ou de ocio.
Resulta imprescindible recoñer socialmente os coidados como condición indispensable para a sostibilidade da vida social, promover unha nova organización que redistribúa a provisión dos coidados entre mulleres e homes e fortalecer os servizos públicos que favorezan a conciliación da vida laboral e persoal.
BASTA! De violencias machistas, cotiás e invisibilizadas, que vivimos as mulleres sexa cal for a nosa idade e condición. QUEREMOS poder movernos en liberdade por todos os espazos e acotío. Sinalamos e denunciamos a violencia sexual como expresión paradigmática da apropiación patriarcal do noso corpo. Ainaceptable violencia machista que só en España asasinou a mais de 1.000 mulleres nos últimos 14 anos, sen esquencer as crianzas, 8 no ano 2017, a cifra mais elevada dende que se dispón de datos. Son tamén alarmantes as cifras de agresións sexuais, según datos oficiais, entre 2012 e 2016, 4.303 mulleres e nenas foron violadas. Hoxe dicimos “Nin unha menos”.
O modelo de consumo imperante incide negativamente sobre as mulleres: con frecuencia os corpos das mulleres son utilizados como reclamo publicitario de xeito denigrante, a chamada “taxa rosa” incrementa o prezo dos produtos destinados ás mulleres, o sistema económico prioriza o beneficio por enriba das necesidades das persoas.
Esiximos un avance na coeducación en todos os ámbitos e espazos de formación e unha educación que non relegue a nosa historia ás marxes dos libros de texto; e na que a perspectiva de xénero se transversal a todas as disciplinas.
Sobras as razóns para esta folga. Dende o Concello de Nigrán compartimos ao 100% os motivos desta folga que protesta contra a fenda salarial, a desigualdade social e a violencia contra a muller no ámbito familiar ou laboral. Esta folga é ademais unha invitación a reflexionar colectivamente sobre qué poden e deben facer os homes para, entre todos, trocar esta situación de desigualdade e inxustiza".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180