MOS
Mos, concello pioneiro en impartir formación de RCP homologada polo 061
Os alumnos-traballadores do Obradoiro Municipal de Emprego Mos Verde II foron os beneficiarios do curso impartido esta semana.
![[Img #39554]](upload/img/periodico/img_39554.jpg)
O Concello de Mos foi o primeiro de Galicia en impartir o curso homologado polo 061 de reanimación cardiopulmonar. Os beneficiarios desta formación foron os/as alumnos/as-traballadores/as do Obradoiro Municipal de Emprego Mos Verde II.
Tratouse dunha acción formativa dunha mañá de duración que lles aporta aos/ás alumnos/as unha titulación homologada polo 061 acreditando o uso de desfibriladores (é o mesmo curso que recibe o persoal sanitario que traballa en ambulancias).
O curso realizouse esta semana nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos durante unha mañá en horario de 10:00 horas a 15:00 horas.
A enfermidade cardiovascular converteuse na principal causa de morte a nivel mundial. Ata agora a forma máis simple de loitar contra ela era a aplicación de técnicas de soporte vital básico. Desde hai uns anos existe unha nova ferramenta para enfrontarnos a este problema, esta ferramenta é o DESA (desfibrilador semiautomático).
É por elo que dende o Concello de Mos decidiuse impartir un curso ao alumnado do Obradoiro de Emprego Mos Verde II, sendo o primeiro municipio galego que o fai, para que os beneficiarios deste curso poidan realizar con criterios de calidade manobras de reanimación cardiopulmonar básica.
O obxectivo fundamental desta acción formativa é a de capacitar ao alumno no uso e manexo do desfibrilador semiautomático (DESA). Os contidos abordados no curso foron a cadea de supervivencia, actuacións básicas ante emerxencias, reanimación cardiopulmonar básica, desfibrilador externo semiautomático e simulación de alta fidelidade.
A simulación de alta fidelidade converteuse nunha ferramenta formativa imprescindible para a adquisición de habilidades no manexo de situacións críticas. Mediante a recreación de escenarios realistas e o uso de simuladores médicos avanzados o alumno debe resolver situacións prácticas reais. Os escenarios propostos con simuladores son gravados e posteriormente analizados co alumnado nunha sesión que dota ao alumno de habilidades na atención ao paciente crítico mediante o adestramento con simuladores de alta fidelidade.
É fundamental a adquisición de habilidades técnicas e habilidades non técnicas para a atención ao paciente en situación crítica, a valoración primaria e valoración secundaria e a actuación ante emerxencias traumáticas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.85