O PORRIÑO
Os novos orzamentos do Porriño "priorizan a resolución dos problemas das veciñas e veciños"
O goberno destaca "importantes accións nas parroquias, en fomento do emprego e en benestar social"
"Benestar social, fomento do emprego, actuacións nas parroquias e humanizacións, son os eixes fundamentais do novo orzamento do Concello do Porriño, aprobado polo Pleno da Corporación logo de seis anos-dende 2012- nos que as contas municipais tiveron que ser prorrogadas, mesmo durante o mandato dun Goberno local que contaba con maioría absoluta" explicand ende o goberno municipal.
En total, aseguran que "este ano investiranse na vila máis de 4,2 millóns de euros, que servirán, para levar o saneamento a Chenlo, Mosende, Pontellas, Cans, Atios ou Budiño e para a mellora do estado das vías públicas- máis de 1,5 millóns de euros; para a urbanización das rúas Coruña e Pontevedra, 370.000€; para a creación de emprego, un 600.000€ e para incrementar as accións no eido do Benestar e Servizos Sociais, en conxunto 1,3 millóns".
As contas reflicten, así mesmo, as inversións que se realizarán no barrio do Contrasto, en Torneiros, vía remanente de Tesourería, que superan os 350.000€ para conectar as casas á Rede Municipal de Abastecemento de Auga, tal e coma se comprometerá a alcaldesa cos veciños e se recolle no plan entregado o pasado mes de decembro á Xunta de Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213