Miércoles, 26 de Noviembre de 2025

Xornal21
Viernes, 16 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O Centro de Investigación Forestal de Lourizán celebrará en xuño o 75 aniversario da súa fundación

Os responsables destas instalacións, que dependen de Medio Rural, están a programar diferentes actos conmemorativos cos que se pretende facer unha homenaxe a todo o persoal que pasou por el e aos seus directores.

O Centro de Investigación Forestal (CIF) de Lourizán, que depende da Consellería do Medio Rural, celebrará este ano o 75 aniversario da súa fundación. Con tal motivo, está a programar diferentes actos conmemorativos que se celebrarán no vindeiro mes de xuño e cos que se pretende facer unha homenaxe a todo o persoal que pasou polo centro e, de maneira especial, aos directores que estiveron á fronte del nalgún momento da súa historia.

 

[Img #39608]Este centro naceu a través da Orde de 25 de febreiro de 1943 pola que se creaba en Pontevedra un “Centro Regional de Enseñanza de Investigaciones y Experiencias Forestales”, publicada no BOE do 15 de marzo daquel ano. O obxectivo era completar a ensinanza levada a cabo pola Escola Especial de Enxeñeiros de Montes e estender a acción do Instituto Forestal de Investigaciones e Experiencias na zona noroeste de España, que xa daquela se consideraba como especialmente apropiada para o estudo e desenvolvemento das especies forestais. Isto, dicíase, “polas súas condicións de humidade e temperatura”.

 

Na devandita orde establecíase que o centro tería por obxecto “o fomento das ensinanzas forestais e a realización sobre as especies de crecemento rápido de toda sorte de experiencias e investigacións, comprendidas desde a creación de masas ata o seu aproveitamento e industrialización”.

 

Parcela de 52 hectáreas
O centro de Lourizán quedou integrado no Instituto Nacional de Investigación Agraria (INIA) no ano 1973 e no 1984 foi transferido á Xunta de Galicia. As súas instalacións sitúanse nunha parcela de 52 hectáreas propiedade da Deputación de Pontevedra e cedida no ano 1943. Localízase na vertente norte da Península do Morrazo, nunha bocarribeira aberta á Ría de Pontevedra, fronte á Illa de Tambo e da vila de Combarro. Esta propiedade pertenceu inicialmente a Eugenio Montero Ríos quen, entre finais do século XIX e principios do XX, construíu un pazo, un invernadoiro e xardíns cunha importante influencia modernista.

 

O terreo ten tamén elementos arquitectónicos de épocas anteriores, como un hórreo de 1798 e una fonte de 1804. En anos posteriores fóronse construíndo novas edificacións para laboratorios, invernadoiros e fixéronse ademais plantacións de especies forestais ligados todos ao seu uso actual como centro de investigación. O CIF de Lourizán estrutúrase actualmente en tres departamentos (protección forestal, ecosistemas forestais e silvicultura e mellora) e nel traballan arredor de 45 persoas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.