Viernes, 07 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 14 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Cultura investirá 43.000 euros nos labores de conservación do Castelo de Santa Cruz

O conselleiro, Román Rodríguez, e mailo alcalde da Guarda, Antonio Lomba, asinaron un convenio que atinxe ao centro de interpretación das fortalezas transfronteirizas do baixo Miño

[Img #39652]

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mailo Concello da Guarda  van colaborar en accións para a conservación do Castelo de Santa Cruz, tal como se establece nun convenio de colaboración asinado  entre o conselleiro, Román Rodríguez, e o alcalde da localidade, Antonio Lomba.

 

O acordo recolle especificamente a posta a disposición dos terreos e inmobles necesarios para a execución das obras de revocaduras da fachada do centro de interpretación das fortalezas transfronteirizas do baixo Miño no castelo de Santa Cruz. Deste xeito, o Concello de A Guarda comprométese a autorizar a plena e libre dispoñibilidade dos terreos e inmobles necesarios a favor da Consellería para que esta, a través da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, poida desenvolver os traballos correspondentes, que suporán un investimento de 42.900 euros.

 

Esta intervención -incluída no Plan estratéxico para a protección e conservación do patrimonio cultural de Galicia- afectará á fachada da edificación principal do castelo e ten por obxecto frear o seu deterioro. Isto é, garantir a mellora das prestacións térmicas e de impermeabilización do conxunto e, sobre todo, na fachada sur da edificación que é a que está climatoloxicamente máis exposta. Para tal fin, levaranse a cabo actuacións de limpeza e cepillado dos paramentos e xuntas, retacado e rexuntado e aplicación de revocadura de cal.

 

O castelo de Santa Cruz está catalogado como Ben de Interese Cultural (BIC) coa categoría de Monumento. Trátase dunha estrutura defensiva transfronteiriza que se inscribe dentro do grupo de fortíns, atalaias e fachos ou alcanforas que se erixiron nos séculos XVII e XVIII ao longo das marxes do río Miño. A edificación principal está situada no interior do castelo, destinada a espazo multiusos e centro de interpretación.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.