Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Sábado, 17 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Gañamos pide unir Monte Faquiña coa AP-9 cun acceso directo

[Img #39661]

 

Crisóbal López do Departamento de Comunicación de Gañamos asegura que "é un despróposito que a día de hoxe e en pleno século XXI ó tráfico rodado de vehículos pesados atravese os centros urbános residenciais mosenses de Puxeiros e Peinador, para acceder o polígono industrial de Monte Faquiña. Este despropósito deriva nun clamor veciñal que solicita unha urxente solución".

 

Para López resulta "evidente o continuo e insoportable tránsito de vehículos de alto tonelaxe que atravesan estes dous centros urbáns residenciais a calquera hora do día e da noite, cas notables incomodidades, sufrimentos e danos que supoñen para os/as veciños/as que residen na contorna, ademáis de para a súas propiedades. O ruído (incluso nocturno), a contaminación atmosférica e acústica, o estrés que provoca nas persoas, os problemas de inseguridade víal, ademáis do caos circulatorio, son algúns dos mútiples problemas cos que os veciños e veciñas, que residen nestas dúas zonas urbanas, teñen que convivir a diario".

 

Nuncomunicado explica que "o máis abraiante e que nestas núcleos urbanos residenciais existen dende hai anos sináis de tráfico, perfectamente visibles para os conductores, que lles impiden a estes vehículos circular. Nembargantes, non se respetan e o tráfico pesado continúa invadindo diariamente estes espazos urbanos, básicamente porque non teñen outra alternativa viaria pola cal acceder as naves industriais situadas en Monte Faquiña". 

 

"Se ben non se aproveitou a aportunidade de proxectar no PXOM, recentemente aprobado en Mos, unha vía alternativa de paso (a pesar de ser demandada polo noso grupo político), coa que dar entrada e saída a este trafico, sen ter que atravesar estas dúas zonas residenciais, esta situación non se pode demorar máis, polo que se debe instar ó Ministerio de Fomento a creación dun enlace directo que una a autoestrada A-P9 e a estrada provincial EP-2603 (Puxeiros-Peinador), co fin de dar una solución técnica definitiva e alternativa a esta anómala e perxudicial situación viaria, que permita unha óptima distribución e evacuación do tráfico pesado" asegura.

 

Por isto, dende Gañamos solicitan "que o Concello de Mós inste ao Ministerio de Fomento para a creación  urxente dun enlace directo que una a autoestrada A-P 9 e a estrada provincial EP-2603 (Puxeiros-Peinador), co fin de dar una solución técnica alternativa e definitiva a caótica situación do tráfico pesado que circula polos centros urbáns residenciais de Puxeiros e Peinador con destino a zona industrial de Monte Faquiña".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.