VIGO
Berlai presenta o seu primeiro disco, ‘Desconhecido’, nun concerto este venres 16 de marzo en Vigo
Logo de presentar con éxito o seu primeiro disco, 'Desconhecido', o pasado ano, Berlai ofrecerá un novo concerto en Vigo o venres 16 de marzo ás 22.30 horas na Fábrica de Chocolate. Será un concerto especial, con toda a banda ao completo, e con Ernesto G. Torterolo -autor do cómic que acompaña o disco- debuxará en directo, como parte do espectáculo.
‘Desconhecido’ é unha historia de amor e de tolemia -baseada nunha historia real acontecida na montaña de Lugo- contada en músicas e letras/poemas de Xiao Berlai e debuxos do artista Ernesto G. Torterolo. Unha historia do Far West galego, unha historia (real) dun home solitario que preferiu vivir e morrer só porque non lle deixaron vivir como el quería.
Os seus próximos concertos, ademais do de Vigo, levarano a Bueu (8 de abril, Aturuxo) e Santiago de Compostela (12 de abril, Casa das Crechas).
Berlai
Berlai é o proxecto musical creado polo músico compostelán Xiao Berlai, líder da banda. Un proxecto baseado nunha música sen complexos que bebe directamente da tradición galega, do indie-pop, do rock e da música electrónica.
Ademais da banda ao completo, o autor do cómic que acompaña o disco debuxará en directo, como parte do espectáculo
Berlai é indie rururbano, como consecuencia lóxica á música post-bravu, e así se transmite no primeiro proxecto da banda: ‘Desconhecido’. O resto dos compoñentes da banda son: Pablo Pérez (baixo), Bruno Couceiro (batería) e Iago Mouriño (teclados).
As letras das cancións insisten nun lirismo obsceno, nun romanticismo roto, e nacen como imaxes obsesivas do universo galego: onde as berzas son urbanas, ou o millo necesita cintas de balizamento policial. Este é o ambiente perfecto para o amor máis puro ou o sexo mais porco do ideal berlaiano. Onde a Galiza imaxinaria vai perdendo aos poucos os folgos de seguir sendo.
Proxecto ‘Desconhecido’
‘Desconhecido’ é o primeiro disco de Berlai, un proxecto especial que foi financiado a través da plataforma de crowdfunding Verkami. Un CD/BD no que música, poesía e narrativa ilustrava van xuntas da man copartindo estética, e forman un fío narrativo onde a lectura proposta é o conxunto completo da obra, pero non o único. Así, a obra convértese nun collage no que as partes (unha canción, un debuxo, unha secuencia, un poema) poden ser independentes e, ao mesmo tempo, cando son lidas lidas como partes do todo, cobran un novo sentido.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217