Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Jueves, 15 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Actividades de Semana Santa para os cativos de Mos

Aberto o prazo de inscrición no Campamento Infantil e no Obradoiro de Cociña.

[Img #39696]O Concello de Mos organiza dúas iniciativas infantís para a vindeira Semana Santa. Trátanse dun Campamento Infantil e dun Obradoiro de Cocina.

 

O campamento terá lugar os días 26, 27 e 28 de marzo e 2 de abril na Ludoteca de San Rafael. Trátase dunha actividade dirixida a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e as inscricións poderán formalizarse ata o 21 de marzo nas oficinas da OMIX sitas no Multiusos das Pozas. As actividades incluídas no campamento son obradoiro de xardinería, inglés, cociña, iniciación á lectura, contacontos, títeres, teatro, xadrez, maxia, improvisación, debuxo, traballo de emocións, etc.

 

Para obter máis información sobre o campamento os interesados poden solicitala a través do enderezo de correo electrónico omix@concellomos.es ou chamando ao teléfono 986.339.404.

 

O Obradoiro de Cociña levarase a cabo por unha banda o sábado 17 de marzo na Asociación de Veciños de San Eleuterio e por outra o sábado 24 de marzo na Ludoteca de San Rafael.

 

Ambas sesións terán horario matinal de 10.00 horas a 13.00 horas. Trátase dunha iniciativa dirixida a nenos/as a partir de 3 anos acompañados dunha persoa adulta. Durante as mesmas os participantes poderán realizar a creación dos seus propios ovos de pascua de chocolate (incluíndo tamén a opción de persoas alérxicas e intolerantes, avisando previamente da situación para contar cos productos de elaboración adecuados).

 

A inscrición deberá formalizarse vía telefonica no 986.339.404. Para máis información os interesados poden dirixirse a ese mesmo número de teléfono ou escribir ao correo electrónico omix@concellomos.es

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.