Martes, 16 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 15 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello recorrerá a sentenza que declara comunais os terreos das canteiras de Atios

A Alcaldesa comunica á directiva da Comunidade de Montes de Atios que o Concello recorrerá a sentenza que declara comunais os terreos das canteiras “porque é a miña obriga legal facelo para salvagardar o patrimonio de todas as porriñesas e porriñeses”

O Concello recorrerá a sentenza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño que declara comunais os terreos de monte en Atios ocupados polas canteiras e outras explotacións industriais.


Así transmitiullo este mércores a alcaldesa, Eva García de la Torre aos membros da xunta directiva da Comunidade de Montes de Atios, cos que mantivo unha xuntanza esta mañá no seu despacho do Concello.


García de la Torre subliñou nesta reunión que a súa obriga “legal” é a de “defender o patrimonio común de todas as porriñesas e porriñeses e é innegábel que o impacto económico das canteira nótase en todo O Porriño, en Chenlo, Cans, Mosende, Pontellas, Budiño, Torneiros, por suposto en Atios e no casco urbán da vila, e o meu compromiso é o de salvagardar ese patrimonio”.


A este argumento a alcaldesa sumou un máis, o de “garantir a seguridade xurídica” considerando que noutro caso, o da Comunidade de Montes de Budiño, cos mesmos argumentos legais, as resolución xudiciais déronlle a razón ao Concello e, neste caso, “con todo o meu fondo respecto a esta sentenza, non hai un razoamento distinto que xustifique que o Concello actúe doutro xeito”.


Na mesma liña, García de la Torre engadiu que “non estou disposta, asemade, a tomar iniciativa algunha en contra dos informes dos técnicos e dos servizos xurídicos municipais: cometería prevaricación e non vou a incumprir as leis”.


Eva García de la Torre subliñou, por último, que neste caso “quen o seu dereito defende a ninguén ofende” e “non pode considerarse que tomando esta decisión o Concello agreda a ninguén…o recurso non vai contra ninguén”, e como outra proba delo o Goberno local  dará orde de que as rendas que percibe o Concello polo uso dos devanditos terreos sexan consignadas xudicialmente para non incorrer en costas e intereses mentres non haxa una resolución xudicial definitiva.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.213

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.