CULTURA
Uxía gaña o premio a Mellor Álbum en galego nos Premios MIN 2018 da Música Independente
O último disco de Uxía, UXIA-O, adicado ao poeta Uxío Novoneyra, foi escollido Mellor disco en galego do 2017 nos Premios MIN da Música Independente. A gala dos premios, que cumpren este ano a súa décima edición, celebrouse onte, 14 de marzo, no Teatro Circo Price de Madrid. Uxía compartía nominación con Os d’Abaixo, Atrás Tigre, Esposa e Habelas Hainas.
No disco, editado pola propia fundación do poeta, Uxía e o brasileiro Sérgio Tannus poñen música a dezaseis poemas acompañados por unha banda de luxo: Isaac Palacín (percusión), Santi Cribeiro (acordeón), José Manuel Díaz (contrabaixo), Ana Isabel Días (arpa clásica) e Quim Farinha (violín), con colaboracións especiais de Alberto Vilas (piano en “Cain as follas”) e Fred Martins e Lui Coimbra (voz e violonchelo en “O cuco a cantar”, respectivamente).
O cuidado deseño e produción gráfica do librodisco, obra de Niko Alvarellos, inclúe fotografías de Miguel Calvo e caligramas dalgúns dos versos musicados, ademais dunha composición fotográfica na portada sobre unha peza feita especialmente polo pintor Antón Lamazares.
Como Mellor deseño gráfico, no que tamén estaba nominada Uxía, acadou o premio Mordem, o proxecto da galega Elba Fernández, que competía cos discos de La M.O.D.A., Marta Pérez e Carlos Siles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.21