GALICIA
A Agadic adxudica 70.000 euros en axudas a cinco salas escénicas da Coruña, O Porriño e Vigo
Gurugú, Teatro del Andamio, Ingrávida, Ártika e Teatro Ensalle son as beneficiarias en 2018 desta convocatoria anual de subvencións para locais privados dedicados á exhibición de artes escénicas.
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publicaba no seu web a resolución das súas subvencións a salas de artes escénicas para 2018, mediante a que distribúe os 70.000 euros convocados entre cinco locais da Coruña, O Porriño e Vigo.
Estes espazos son Teatro Ensalle (23.100 euros) e Sala Teatro Ártika (21.840 euros), ambas en Vigo; Teatro del Andamio (12.927 euros) e Sala Gurugú (6.928 euros), na Coruña; e a Sala Ingrávida (5.203 euros) do Porriño. A través deste apoio económico, a Agadic busca contribuír ao mantemento da actividade destes locais, de xestión privada, para desenvolver programacións artísticas de carácter profesional.
Entre os criterios que se tiveron en conta na adxudicación das subvencións, valorouse a antigüidade das empresas xestoras, a súa pertenza á Rede Galega de Salas, o número de funcións en cartel (excluídas as programadas a través da devandita rede), o número de días con actividade aberta ao público, a contratación de compañías galegas, o desenvolvemento de programas complementarios (fomento de novos creadores, formación ou colaboración con centros de ensino), o plan de comunicación e xestión de públicos e os recursos humanos implicados.
Ademais de con esta liña de axudas, a Agadic contribúe ao funcionamento deste tipo de espazos a través da Rede Galega de Salas, circuíto do que forman parte catro dos espazos subvencionados (Ensalle, Gurugú, Ingrávida e Teatro del Andamio) xunto á Fundación SGAE de Santiago de Compostela. Esta rede, financiada integramente pola Xunta de Galicia, ofrece durante o primeiro semestre do ano 53 actuacións a cargo de 29 compañías.
A resolución da convocatoria de subvencións a salas de artes escénicas de 2018 pode consultarse en http://www.agadic.gal/Avisos/detalles/506

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149