Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Domingo, 18 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
MOS

Arte ecolóxica e sen barreiras

Mulleres con discapacidade intelectual de EVD Galicia expoñen no Pazo de Mos demostrando que son verdadeiras artistas concienciadas co medio ambiente.

[Img #39769]

 

Non existen límites, prexuízos nin barreiras sociais que poñan freo á ilusión e ás ganas que as mulleres do Centro Ocupacional de Petelos de EVD Galicia poñen en tódolos proxectos que emprenden e nos que, ademais, fan gala do seu bo facer.

 

A vea artística é outra das virtudes destas mulleres que desde o verán do 2017, no Centro Ocupacional de EVD Galicia en Mos-Petelos, puxeron en marcha un proxecto sobre reciclaxe e medio ambiente con diversos talleres formativos e creativos.

 

Nos devanditos obradoiros crearon diferentes obras que agora forman parte da exposición Artereciclado que se pode visitar no Pazo de Mos. A inauguración tivo lugar no Pazo de Mos o pasado 14 de marzo ás 18:00 horas e estará aberta ao público ata o 14 de abril.

 

A visita libre pode realizarse en horario do Pazo, de 17:00 a 21:00 horas de luns a sábado. Os domingos e festivos permanecerá pechada. E para quen prefira unha visita guiada coas persoas que participaron na elaboración das obras, pode facelo os luns, xoves e venres en horario de 10:00 a 12:00 horas. En caso de visita guiada, esta debe ser solicitada previamente a través da dirección de correo: centroocupacional.mos@evdgalicia.com

 

As propias artistas protagonistas desta mostra declaran sobre como naceu a mesma que “mentres reciclabamos e aprendiamos cousas interesantes, xurdiu a idea de facer algo cos materiais que xa non utilizabamos ou refugabamos porque non servían e tamén co que recolliamos na contorna. Pensamos en buscar a maneira de que, transformándoo, volvese ter unha vida diferente. E así naceu...”

 

Esta mulleres foron capaces de transformar o lixo que desfeitamos, e que nos rodea sen que reparemos nel, en verdadeiras e fermosas obras de arte. Un proxecto fantástico que fai reflexionar sobre a importancia e o coidado do medio ambiente ao tempo que demostra as capacidades das súas creadoras. Trátase dun xeito de facer patente, unha vez máis, que non existen barreiras para estas mulleres cheas de entusiasmo e, polo que se pode ver no Pazo, tamén de talento artístico.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.