Viernes, 10 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 22:24:56 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 23 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
BAIONA

Dende hoxe Baiona acolle o XIITorneo de Minibasket

[Img #39794]

 

Baiona acollerá dende hoxe  e ata o 25 de marzo o XII Torneo Internacional de Minibasket. O tradicional evento deportivo, que foi presentado no Concello, reunirá a 32 equipos de varios puntos de Galicia, Cataluña, León, Valladolid e de Portugal durante tres días, o que supón un total de 384 xogadores máis 64 adestradores.

 

Este ano a competición engade un día máis polo que desde o venres día 23 os equipos disputarán desde as 18:00 h concursos de tiros.Xa o sábado 24 terá lugar a fase de grupos que se desenvolverá de 09:00 a 21:00 h , na que se clasificarán os dous primeiros. O domingo 25 os eliminados xogarán entre eles e os equipos finalistas disputarán os play- offs de eliminación directa. A final masculina será ás 17.00 horas e a feminina ás 18.00, ambas as no pavillón de deportes de Baiona. Ás 19.00 terá lugar a entrega de premios.

 

O torneo, tal e como sinalou David Castiñeiras, o director deportivo do Club Baloncesto Baiona (organizador do torneo xunto ao Concello) é actualmente un dos máis importantes do noroeste peninsular tras consolidarse en once edicións anteriores. Ademais, Castiñeiras agradeceu a colaboración do Concello de Baiona xa que o torneo vai enriquecer con visitas dos equipos por diferentes lugares e monumentos do municipio, como a Carabela Pinta ou o Parador Conde de Gondomar, entre outros.

 

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, destacou a importancia do evento para o municipio ”Este torneo é moi importante no deportivo de Baiona, pero tamén o é a nivel turístico e económico. Os xogadores veñen acompañados polas súas familias que pasan todo o fin de semana na vila, enchendo hoteis e os restaurantes. Tamén é unha iniciativa acollida con gran entusiasmo polos comerciarte baioneses”, matizou Rodal.

 

Durante os tres días de celebración disputaranse un total de 74 partidos entre os 32 equipos participantes que moven a uns 384 xogadores e máis de 64 adestradores. A estes hai que engadir os seus familiares e acompañantes ademais dos 15 árbitros oficiais de mesa. Na organización do campionato participan máis de 50 voluntarios.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.