GALICIA
Máis de 26 millóns para a formación de 8.700 persoas a través de 580 cursos especializados no naval
![[Img #39799]](upload/img/periodico/img_39799.jpg)
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, ven de informar dunha achega de máis de 26 millóns de euros para a formación de 8.700 persoas a través de 580 cursos especializados no naval, no metal e na automoción; na docencia de formación profesional para o emprego, e para as accións vinculadas coas competencias dixitais.
Máis polo miúdo, investiranse 6,65 millóns na realización de 145 cursos para cualificar a 2.175 persoas sen emprego nos sectores do metal, o naval e a automoción. En competencias clave, levaranse a cabo 58 cursos para cualificar a 870 persoas e, con preto de 4 millóns de euros desenvolveranse accións de formación sobre competencias dixitais para 305 desempregados.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo lembrou que nesta convocatoria, ao igual que na anterior, tamén se dará prioridade: aos cursos vinculados coa Industria 4.0; aos idiomas, coñecementos financeiros, xurídicos e ás especialidades con maior demanda ou maior inserción laboral. “Para iso, destinarase 13 millóns de euros”, dixo, incidindo en que a Xunta seguirá apostando por este tipo de programas formativos xa que na edición do ano 2016, un 60% dos alumnos que se cualificaron nestes cursos acadaron un emprego, catro puntos porcentuais máis que nos dous anos anteriores.
Cómpre recordar que as accións formativas, que empezarán a partir de setembro e se estenderán ao longo de 12 meses, enmárcanse na folla de ruta do Goberno galego en materia laboral: a Axenda 20, coa que tamén se está apoiando este ano outro tipo de programas dirixidos á cualificación para desempregados. Neste eido, destacan as unidades formativas na empresa cun compromiso mínimo de contratación do alumnado que se forme.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149