Jueves, 27 de Noviembre de 2025

Xornal21
Martes, 20 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación e Abanca renovan o “Plan Activamos” que xa achegou máis de 180 millóns de euros en crédito

No último ano formalizáronse ao amparo deste plan máis de 1.800 préstamos, por un importe global de 43,7 millóns de euros a autónomos, pemes e familias da provincia.

[Img #39825]

 

A Deputación de Pontevedra e ABANCA renovaron onte o Plan Activamos cunha nova liña de crédito de 50 millóns de euros destinada a financiar, en condicións melloradas respecto ao mercado, a pemes, autónomos, familias e corporacións locais da provincia. Este programa financeiro inicia a súa cuarta edición consolidado como unha ferramenta clave na inxección de crédito ao tecido produtivo pontevedrés. Nos seus tres anos e medio de vixencia, este plan permitiu impulsar o desenvolvemento socioeconómico da provincia con 180,9 millóns de euros. En total, formalizáronse ata a data 7.895 operacións de crédito, na súa gran maioría para financiar investimentos ou atender necesidades de tesourería de emprendedores, pemes e autónomos da provincia. No último ano, no marco deste programa pecháronse 1.810 préstamos na provincia, por un importe global de 43,7 millóns de euros.

 

Tras rubricar o convenio de renovación do plan, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, acompañados pola directora territorial do banco en Pontevedra, Carmen Fernández Penas, expuxeron as principais cifras alcanzadas e as distintas modalidades do programa financeiro, que nesta edición incorpora como novidades o incremento de 100.000 a 200.000 euros do importe financiable e o aumento dos prazos de amortización ata os 10 anos nos préstamos a pemes e autónomos.

 

A presidenta Carmela Silva, manifestou a súa satisfacción “porque Pontevedra é a provincia que lidera o número de operacións que supoñen o 40% de todas as que se levan a cabo en Galicia. A nosa provincia estase a impulsar, sinalou, volvemos estar en situacións de crecemento. Hai dinamismo, proxectos e ideas que precisan financiamento”. De feito, nos dous últimos anos  ABANCA concedeu máis de 100 millóns de euros, en 2016 máis de 56 millóns e en 2017 preto de 44 millóns. “Se temos en conta os datos de 2014 e 2015, dixo a presidenta, os do 2016 e 2017 son moi relevantes: un 25% máis nos importes e un 33% máis de operacións”.

 

A presidenta felicitou a ABANCA polas novidades de este ano e destacou especialmente os préstamos para a rehabilitación de vivendas no medio rural “porque temos un gran compromiso para manter a poboación e para iso a vivenda é un dos instrumentos fundamentais. Con estes recursos, dixo Carmela Silva, ABANCA apoia que poida haber calidade de vida neste entorno para manter a poboación, para coidar o medio ambiente, evitar os lumes e que quen vivimos nas urbes teñamos a seguridade de que se mantén o noso patrimonio ambiental”.

 

Pola súa banda, o director de Banca Institucional de ABANCA, Santiago Novoa, afirmou que “esta alianza estratéxica coa Deputación de Pontevedra vai permitir seguir contribuíndo ao progreso socioeconómico da provincia a través da achega de crédito en condicións vantaxosas”. “Non é un plan dun só ano, senón unha oferta de crédito tanxible, de continuidade e sostida no tempo para atender necesidades de financiamento e facer realidades proxectos das empresas e familias”, sentenciou.

 

Na mesma liña, Carmen Fernández explicou que “en todos os casos, trátase de crédito flexible e en condicións especiais, a baixo tipo de xuro, sen comisións de estudo, amortización nin cancelación e tamén con carencias nalgunhas modalidades”. “É un programa que contribúe de maneira decidida á mellora competitiva da provincia, pois máis do 98% do crédito destinouse a pemes e autónomos”, subliñou a directora territorial de ABANCA en Pontevedra.

 

Apoio ao tecido empresarial
As pemes, micropemes e autónomos son os principais beneficiarios do Plan Activamos. O programa oferta para este segmento crédito para a posta en marcha de proxectos emprendedores, desenvolvemento de novos investimentos empresariais, creación de emprego, actuacións de mellora enerxética nos negocios e cobre tamén necesidades de circulante.

 

Para as familias, esta iniciativa de financiamento oferta préstamos para a dotación de equipamento tecnolóxico, realización de actividades de formación, reformas no fogar que contribúan á mellora da accesibilidade ou a eficiencia enerxética, adquisición de vehículos eficientes e rehabilitación de vivendas unifamiliares en poboacións do rural.

 

Finalmente, as corporacións locais poden optar no marco deste programa a préstamos para acometer pequenos investimentos municipais e atender necesidades de tesourería, sen esquecer que teñen á súa disposición avales e liñas de confirming con tarifas especiais.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.