PROVINCIA
A Xunta destaca a importancia das axudas do Pacto Ambiental con Ence
O vicepresidente, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación da segunda edición das axudas destinadas aos colectivos da ría de Pontevedra.
![[Img #39837]](upload/img/periodico/img_39837.jpg)
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe as axudas destinadas a colectivos e asociacións de Pontevedra, Marín e Poio incluídas no Pacto Ambiental que a Xunta asinou coa empresa Ence. Rueda destacou a súa importancia para o labor dos colectivos na presentación da segunda convocatoria destas subvencións, un acto ao que tamén asistiron o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Mª Cruz Ferreira, ademais de representantes da empresa Ence.
Rueda sinalou que estas axudas constitúen unha das partes máis destacadas do Pacto Ambiental e resaltou a súa importancia á hora de fortalecer o tecido asociativo da Pontevedra e o seu contorno, o que, á súa vez, beneficia á veciñanza no seu conxunto. En total, serán 180 millóns de euros durante os próximos 60 anos para repartir entre colectivos da ría de Pontevedra.
Da relevancia e do interese xerado na primeira edición das axudas o vicepresidente destacou o dato de que 342 colectivos presentaron solicitudes e 226 obtiveron unha subvención.
Destacou como novidades deste ano o aumento do orzamento destinado a deporte base, asociacións de veciños e educación e cultura
Na convocatoria deste ano introducíronse novidades, co fin de mellorala seguindo a experiencia obtida o ano pasado. Entre estas modificacións, destaca especialmente o aumento de 100.000 euros no orzamento destinado a deporte base, que pasa de 800.000 a 900.000 euros.
Tamén se incrementan as partidas destinadas ás asociacións de veciños, que pasa de 150.000 a 200.000; e de educación e cultura, que sobe de 250.000 a 300.000.
Xa para rematar, o vicepresidente puxo en valor iniciativas como esta, que permiten xerar sinerxías que benefician ao conxunto e lamentou que outras institucións non amosen a mesma vontade de colaboración. Neste sentido, lembrou que o Pacto Ambiental inclúe tamén 5 millóns de euros para restaurar o Pazo de Lourizán, que non se executaron pola oposición da Deputación de Pontevedra a pesar de que se mantería a titularidade pública do inmoble.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.180