Martes, 25 de Noviembre de 2025

Xornal21
Miércoles, 21 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

A OMIX convoca unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas

As propostas poden presentarse ata o vindeiro 7 de maio ás 12.00 horas.

[Img #39871]

 

Un ano máis a OMIX de Tomiño quere conmemorar o 17 de maio con enxeño e creatividade arredor da lingua galega e vén de convocar unha nova edición do concurso de deseño da camiseta do Día das Letras Galegas 2018.


O deseño será libre e aberto e valorarase que teña un deseño atractivo, inspirado e que busque a promoción do uso e normalización o galego en todos os ámbitos. O deseño estará pensado para colocarse unicamente na parte dianteira da camiseta cunha soa cor a estampar sobre fondo branco.


Como novidade, este ano todas as persoas que participen e envíen as súas creatividades serán agasalladas cunha camiseta que leve o modelo gañador. Ademais, o autor da camiseta elixida finalmente para representar ese día será premiado con dúas camisetas coa imaxe, un libro escrito pola autora homaxeada este ano, María Victoria Moreno, e coa difusión tanto nas redes sociais como nos diferentes medios de comunicación da súa obra.
Todas as persoas interesadas en participar poderán enviar a súa proposta ata o vindeiro 7 de maio ás 12.00 horas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.158

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.