Domingo, 18 de Enero de 2026

Xornal21
Miércoles, 21 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
TUI

O Consorcio do Louro organiza a segunda xornada de portas abertas coincidindo co Día Mundial da Auga

O Consorcio de Augas do Louro celebrará a súa segunda xornada de portas abertas na estación depuradora de Guillarei o vindeiro xoves 22 de marzo, coincidindo co día mundial da auga. 

 

Durante esta xornada realizarase a presentación do terceiro concurso de debuxo infantil, que este ano tratará sobre a potabilización co lema “A emocionante viaxe da auga dende a natureza ata a túa casa”. O premio para o gañador de cada Concello será unha Tablet Samsung de 7” e para os finalistas unha cámara dixital acuática. Participarán os rapaces de 3º e 4º de educación primaria dos Concellos de Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Tui, sendo o prazo de presentación dos debuxos o comprendido entre o 1 de Abril e o 20 de Maio. 

 

A continuación, inaugurarase o novo domo xeodésico adaptado para acoller as visitas dos nenos aos que vai dirixido o concurso, que será utilizado para dar a coñecer as diferentes fases do ciclo da auga mediante vídeos explicativos.

 

Calquera persoa que estea interesada en visitar a sede do Consorcio e o funcionamento das instalacións, terá ao seu dispor dúas quendas de visita ás 10:30 da mañá e ás 16:30 horas da tarde. 

 

É necesario achegarse ás instalacións media hora antes do inicio das visitas para recibir a información necesaria sobre as medidas de seguridade que deben respectarse durante o percorrido, que inclúe a entrada ás galerías subterráneas que comunican as diversas partes da depuradora.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.