MOS
Mos recibe á Plataforma PassÁrea
A alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, trasládalles aos seus membros o apoio incondicional do Concello.
![[Img #39894]](upload/img/periodico/img_39894.jpg)
Esta mañá a Plataforma PassÁrea reuniuse no salón de sesións do Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a concelleira de mobilidade, Julia Loureiro, para solicitar o apoio da administración local mosense.
Os representantes da Plataforma presentes na xuntanza desta mañá e procedentes dos concellos de Mos, Redondela e Moaña, presentaron a súa moción ás representantes municipais Arévalo e Loureiro. Moción que o Concello de Mos levará a aprobación ao Pleno da Corporación Municipal que se celebrará o vindeiro 2 de abril.
A devandita moción levarase a Pleno tal cual a presentou a Plataforma, sen modificacións de ningún tipo, respectando totalmente a súa forma e o seu contido. Nela os membros de PassÁrea expoñen que a eliminación da Tarxeta Verde do Vitrasa e a substitución da mesma pola chamada PassVigo da que só poderán beneficiarse os vigueses repercutirá directamente nas economías familiares dos miles de usuarios afectados que, aínda que non residan na cidade olívica, sí traballan alí, acuden alí ao hospital e a consumir nas áreas comerciais, etc. Tachan a medida de discriminatoria, insolidaria e antisocial, ademais dun ataque directo ás persoas con menos recursos; e insisten en que é contraria aos principios esenciais de convivencia, inconstitucional e ilegal. Por iso piden o desbloqueo da Tarxeta de Transporte Metropolitano e a paralización da substitución da Tarxeta Verde pola PassVigo.
Os membros da Plataforma PassÁrea tamén lles comunicaron á rexedora local mosense e á edil de Mobilidade a entrega no día de onte de 4.500 sinaturas a favor desta causa perante a Xunta de Galicia e o Concello de Vigo.
A alcaldesa, Nidia Arévalo, trasladoulles pola súa banda o seu total apoio, extensivo ao Concello de Mos en xeral, e a súa vontade de loita a prol da Plataforma para conquerir uns resultados que eviten os enormes perxuízos que se lles causará a miles de cidadáns coa entrada en vigor da PassVigo.
Arévalo insiste en que “o criterio de empadroamento como condición para poder desfrutar de tarifa bonificada no servizo de transporte colectivo urbano de viaxeiros vulnera o principio de igualdade establecido no artigo 14 da Constitución Española”. Trátase polo tanto esta medida dunha “acción anticonstitucional e ilegal a todas luces” tal e como expresa Arévalo, rexedora local mosense, quen considera que o alcalde de Vigo, Abel Caballero, “sendo o presidente da Federación Española de Municipios e Provincias ten que dar exemplo e respectar a legalidade, e non poñer en marcha medidas discriminatorias no transporte da súa cidade”. Medidas que ademais son contradictorias cando o propio Concello de Vigo está a subvencionar con millóns de euros voos para o aeroporto de Peinador que pode coller calquera persoa de calquera parte do mundo e a tarxeta universitaria da Universidade de Vigo, que tamén permite bonificacións no tranporte público, e no CUVI hai estudantes de toda España e do estranxeiro.
Asamblea informativa
A Plataforma PassÁrea convoca en Mos unha asamblea informativa sobre a retirada da Tarxeta Verde do Vitrasa que se celebrará o vindeiro venres 23 de marzo, ás 20.00 horas, no auditorio do Multiusos das Pozas.
A xuntanza é aberta a todos/as interesados/as en asistir e dende a Plataforma solicitan a máxima participación veciñal posible. A Plataforma PassÁrea está formada por colectivos de Mos, Moaña, e Redondela para solucionar a problemática xerada coa Tarxeta Verde de Vitrasa, que moitos veciños/as destes municipios perderán ao pasar o Concello de Vigo a substituíla pola nova Pass Vigo, que terá uso restrinxido para os empadroados na cidade olívica privando das bonificacións ao resto de cidadáns usuarios do transporte urbán vigués.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.153