Domingo, 14 de Diciembre de 2025

Xornal21
Jueves, 22 de Marzo de 2018 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Concello e Viza Automoción colaboran para a formación dun grupo de mulleres

[Img #39897]

 

A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre, xunto coa concelleira de Emprego, Benestar e Igualdade, Soledad Girón, visitaron a planta de Viza Automoción, radicada no Polígono de As Gándaras, logo do acordo acadado para a formación, por parte de Viza, dun grupo de mulleres desempregadas de cara a súa posible incorporación coma soldadoras a esta compañía.


Viza é unha empresa punteira no deseño e fabricación de estruturas metálicas de asentos para a industria del automóbil, de capital cento por cento galego, integrada por 500 traballadores e traballadoras na súa planta do Porriño e que subministra os seus produtos a grupos tan importantes coma PSA Peugeot Citroën, Audi, Renault, Volkswagen, Mercedes, Toyota ou Porsche.


Este grupo de mulleres, que están en situación de desemprego, recibirá formación teórica e, principalmente, práctica, nas instalacións da empresa, formación que é o cerne das accións do  Plan Integrado de Emprego para Mulleres (PIEM), co-financiado cun total de 255.000€ pola  Xunta de Galicia e o Concello do Porriño, e que ten coma obxectivo  a mellora a incorporación no mercado laboral das porriñesas que están na procura de emprego.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.60

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.